luns, 10 de decembro de 2018

PIZZAS TERRORÍFICAS...

  Aquí tedes unhas fotos que tiñamos  gardadas do Samaín. Os de 4 e 5 anos fixemos unhas pizzas  terroríficas de  momias que estaban  boísimas. 
  Primeiro estiramos a masa e cortámola con forma circular.
  Despois botamos o tomate, cortamos o queixo en tiras e puxémoslle as olivas.
  E por último metémolas no forno e que ricas que estaban!!!




venres, 7 de decembro de 2018

A MOCHILA VIAXEIRA NA CASA DE BRAIS

       A mochila viaxeira xa pasou pola casa de de Brais, foi todo un éxito, disfrutou moito cos contos e sobre todo co libro de plastilina. Traballou a tope xunto  a súa nai e o seu pai, e creo que eles disfrutaron tanto coma o seu fillo. Agora a mochila encóntrase na casa do seu amigo Roi, que xa está de camiño ao cole. 



luns, 3 de decembro de 2018

FELIZ ANIVERSARIO MARIO!!!!!

Mario cumpliu hoxe 4 anos e quiso celebralo con todos nosotros cun biscoito precioso e uns agasallos que axudou a facer el mesmo.

Ademáis de facer na aula a coroa e a súa oruguiña co seu nome
Espero que disfrutes do teu día.

PROXECTO MIRÓ (X)

    A semana pasada traballamos sobre os "altipratos de Miró" , vimos como eran e realizamos os nosos propios antipratos con pratos de papel.
 Primeiro picamos un círculo do medio do prato





    Debuxamos os símbolos que os adornan baseándomos nun antiprato e en diferentes símbolos usados por Miró nas súas obras

 Os coloreamos e estes foron os resultados!!

PROXECTO MIRÓ (IX)

    Continuamos co noso proxecto e coa axuda da teacher Fátima que esta vez traballou con eles, e en inglés, as partes da cara baseándose nas obras de Miró.





sábado, 1 de decembro de 2018

FELIZ ANIVERSARIO HUGO!!!

       O máis peque do cole xa cumpriu os tres anos. Éste é o último aniversario deste trimestre. Para celebrálo decorou a súa coroa, axudado polos seus compis, e despois soprou a vela dos tres anos, nun biscoito riquísimo......¡¡NON SOBROU NADA !! 
     ¡¡ PARABENS HUGO!! ...todos esperamos que tiveras un día moi feliz..... 





EXPERIMENTAMOS COA TÉMPERA

         A témpera e un recurso que estimula a capacidade e a creatividade dos nenos, e desenrola a psicomotricidade fina.
    Aquí estamos pintando dun xeito colaborativo, coas tres cores primarias : vermello, amarelo, e azul.
   ¡¡ MIRADE COMO EXPERIMENTAMOS E DESFRUTAMOS COAS MANS E CO PINCEL...!!