xoves, 16 de maio de 2019

mércores, 15 de maio de 2019

VOLVEMOS PRANTAR

Esta Horta danos moitas alegrías, xa apañamos todos os rábanos, alguna deles grelaronse pero a maioría poidemos apañamos. Así que nos quedou un oco na Horta e aproveitamos para prantar pementos de Padrón, coa esperanza de recoller algo en xuño.


martes, 14 de maio de 2019

SEMENTEIROS E HORTA DESPOIS DAS VACACIÓNS

     Despóis das vacacións, cando chegamos ó cole, levamos unha gran sorpresa: os sementeiros e as hortalizas estaban enormes... as cebolas, repolos, chícharos e patacas....¡¡¡ MOITO CRECERON !!!

 Agora os sementeiros hai que transplantalos, e temos que seguir coidando as nosas hortalizas: removendo a terra, e regando.... estas son as tarefas que temos que facer todos os dias......





luns, 13 de maio de 2019

A MOCHILA EN CASA DE YAIZA

A MOCHILA VIAXEIRA vai rematando o seu "tour" esta vez estivo na casa de Yaiza e nos deixou a súa obra de arte no cuaderno axudada pola súa familia. Ademáis desfrutaron  da lectura dos contos que leva está súper Mochila.

domingo, 12 de maio de 2019

XOGANDO E APRENDER

No noso cole temos moitas cousiñas coas que APRENDER XOGANDO. Na clase temos unha mesiña de luz que nos da moito xogo.

Uns sellos de letras que xa levan moito uso...


E uns puzzles novos cos nomes de todo o que prantamos e tamén con números: super divertidos!


sábado, 11 de maio de 2019

COIDAR A HORTA....

Estés nenos están a traballar un montón na horta, regar, sacar malas herbas...


Pero tamén temos a ilusión de recoller o seu froito. Xa sexan fresas ou rábanos

ANIVERSARIO DE GAEL

Celebramos o aniversario de Gael coma sempre  creando a coroa con ilusión.
E despois a celebralo a soprar as velas e disfrutar das tartas

 Gael contou un montón de cosas sobre estos 5 anos que xa ten, disfrutamos vendo as suas fotos e escoitando.