sábado, 14 de decembro de 2019

¡¡¡ FELIZ ANIVERSARIO HUGO.. !!!

    No mes de novembro estivo de cumple Hugo, é o último compañeiro en cumplir 4 anos.... celebrou o seu aniversario cunha tarta en forma de "dinosaurio".... todos sabemos o que lle gustan estes animáis. O dinosaurio estaba riquísimo. Gracias Hugo pola tarta tan rica que trouxeches.... Non sobrou nada..!!! 








martes, 10 de decembro de 2019

OS DE 5 NOS CONTAN...

    Os nenos e nenas de 5 anos están a visitarnos algúns días para contarnos historias interesantes e a verdade é que o fan de marabilla !!! Moitas grazas rapaces, encántanos que veñades !!!




domingo, 8 de decembro de 2019

A MOCHILA VIAXEIRA NA CASA DE BRAIS

     A mochila viaxeira xa estivo na casa de Brais.... coma sempre estaba entusiasmado explicando aos seus compis todo o que había feito... a verdade que traballou moito xunto a sua nai e o seu pai.. O conto que máis lle gustou foi "A VACA VICTORIA" e a seu irmán Xavi, que é todavía moi pequerrecho, gustoulle "COCORICO". Tamén sacou moitas ideas do libro de manualidades, fixo unha vaca e un cabalo que quedaron chulísimos...coas súas primas fixo figuras de chocolate como teas de araña,  bombóns... etc





martes, 3 de decembro de 2019

25 N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

    O 25 de novembro, celebramos no cole o día internacional contra a violencia de xénero. Na nosa aula pintamos as mans de cor violeta, que é a cor conmemorativa deste día,  as estampamos nunha cartulina, que logo recortamos para levar a casa.



COÑECEMOS A BEEBOT

    Estos días estimos na casa de Arnaldo e alí coñecemos a unha nova compañeira "Beebot" coa que estivemos xogando e aprendendo de maneira divertida!!!