mércores, 12 de febreiro de 2020

PARABENS XABI!!!

  Esta vez tócoulle a quenda a Xabi que esta fin de semana estivo de aniversario e xa ten 4 anos!!!!


Moitos parabéns Xabi!!!

PROXECTO PICASSO (II)

    Comenzamos o novo proxecto e esta vez Tomé trouxo ao cole a obra "A pomba da paz" que elaborou coa axuda da súa familia e que aproveitamos para celebrar o día da paz.
    Partindo   deste cadro, ademáis de traballalo nós  tamén, fixemos as nosas propias pombas da paz coas nosas mans. E nos quedaron chulísimas!!!





martes, 11 de febreiro de 2020

PROXECTO PICASSO (I)

    A clase de 3 anos estreámonos co noso primeiro proxecto aproveitando o día da paz. En clase apareceu unha imaxe de "A pomba da paz" de Pablo Picasso e así foi como nos convertemos en detectives e decidimos investigar e buscar información sobre este popular artista.
    Esta foi a nota explicativa que se mandou as familias explicado un pouco o que significa traballar por proxectos e pedindo a colaboración das familias 



     Repartimos tamén os carnéts de detectives que cada neno/a levou para sua casa...
     Non vos perdades os avances no novo proxecto que promete interesante, xa veredes cantas cousas aprendemos!!!

COMEZAMOS SEMILLEIRO







domingo, 9 de febreiro de 2020

MESA DE LUZ E FIGURAS XEOMÉTRICAS

    A  MESA DE LUZ, é o recurso educativo que máis lles gusta aos nenos e nenas.... favorece a concentración, atención,  imaxinación, e o xogo libre.
   Na nosa aula xa temos unha mesa de luz que nos deixaron os reis magos por portarnos moi ben....de momento sólo traballamos figuras xeométricas.