Hoxe aproveitando o bo tempo decidimos saír do cole a visitar a carballeira que temos xusto detrás do noso patio. Xa levamos algún tempo traballando sobre as árbores do outono, e nesta ocasión quixemos ver os carballos de preto.
Estabamos moi inquedos... era a nosa primeira saída! Pero portámonos de marabilla, así que deixamos as profes con ganas de levarnos máis veces!
Aproveitamos a saída para recoller follas de carballo, landras e bugallos.
Despois aproveitamos a saída para descubrir o campo de fútbol de herba que temos ao ladiño do cole, gustounos moito!!
Esperamos seguir gozando do bo tempo para poder volver pronto!
Ola familias! Levamos case toda a semana falando sobre os dereitos dos nenos e nenas. Na clase de cinco anos estivemos debatendo para saber se coñecíamos ou non eses dereitos.
A través de diversos contos que nos proporcionou a nosa mascota Arnaldo averiguamos cales eran ditos dereitos. Despois, cada nena e neno fixo o seu propio cartel cun dereito acompañado dun debuxo.
E o propio día dos dereitos da infancia (hoxe día 20 de novembro) gravamos un vídeo e colocamos os nosos carteis cos dos demais compañeiros e compañeiras do cole. Aquí vos deixamos o vídeo e as fotos.
Ola familias!!! Aquí estamos esta semana para ensinarvos algunhas actividades que estivemos a facer estes días cos ipads e bebot (aproveitando que eramos grupos reducidos e que nos gustan moito.
Ola familias! Co motivo do magosto, esta semana no cole, celebramos a semana das castañas. Realizamos unha serie de propostas onde as castañas foron o elemento protagonista.
Contamos o conto “O magosto” e despois traballamos o vocabulario do mesmo escribindo palabras como castaña, castañera, cucurucho, magosto, gaiteiro...
Outra actividade que levamos a cabo foi escribir os nomes con castañas.
Tamén xogamos cos dados e coas castañas. Tiñamos que tirar os dados e colocar tantas castañas como indicase o número.
Outra proposta foi facer formas, obxectos... coas castañas.
Tamén realizamos outra tarefa, que non era sobre castañas, senón sobre outro alimento típico desta época do ano como é o millo. O alumnado debullou o millo que despois empregamos para outra actividade. Aquí vos deixamos o vídeo.
Logo, aproveitamos ese millo, as castañas e outros elementos do outono que tiñamos na aula para facer unha actividade ultrasensorial e deixar voar a creatividade destes rapaces e rapazas. Aquí tedes outro vídeo.
E, por último, aquí déixovos algunhas das creacións feitas polo o alumnado na actividade anterior. Dou fe de que o pasaron moi ben realizando esta actividade!
Hoxe ensínovos outra actividade que facemos todos os días no momento das rutinas diarias. Trátase dun medidor de nomes: cada día o encargado/a escribe o seu nome, contamos cantas letras ten e vemos quen ten o nome máis longo, máis curto, cantas letras ten máis, cantas menos, igual cantidade de letras, cores...