mércores, 23 de xuño de 2021
FACÉMONOS MAIORES
xoves, 17 de xuño de 2021
ACHÉGASE A FIN DO CURSO
Ola familias!!
Co curso a piques de rematar non queríamos deixar de ensinarvos todo o que seguimos aprendendo, gozando, observando e coñecendo no noso día a día.
Continuamos descubrindo os bechos que habitan na contorna do cole e cales son as súas características. Ademais, temos un conserxe xenial, Vilas, que case sempre ten algún para nos e nolo trae para que poidamos velo:
Tamén seguimos co coidado dos nosos vermes, que medraron un montón, e xusto hoxe, cando pensábamos que non nos daría tempo a velo... SORPRESA!! Un deles decidiu facer o seu casulo!
Todo nos serve para aprender e progresar, ata as cousas que nos semellan máis simples...
E mesmo descubrimos outras formas de expresión máis artísticas, a través do grafismo creativo, ou da luz negra, coa cal vimos que estando a oscuras e so con esa luz... os nosos debuxos e algunhas das nosas vestimentas brillaban na oscuridade!!
Pero iso non é todo, porque tamén aprendemos divertíndonos nas nosas clases de psicomotricidade. A profe Sandra sempre nos trae xogos e actividades moi chulas, tanto que xa sabemos que os luns nos toca con ela, e asaltámola no recreo para que nos conte que imos a facer.
venres, 28 de maio de 2021
Queda pouquiño para rematar pero mentres... a traballar!!
Ola familias!!
Que ben o pasamos esta semana, e canto aprendemos!! mirade!
A profe fíxonos un debuxo na pizarra... que hai aí agachado??
O número dous!!
Fixemos unha ficha na que tivemos que buscar o dous nun debuxo e repasar a súa grafía.
Na nosa visita semanal a Arnaldo seguimos desfrutando e aprendendo cos puzzles e xogos de mesa.
Descubrimos un areeiro enorme no patio de primaria... que ben o pasamos á sombriña!!
No recuncho de lectoescritura incorporamos unha actividade sensorial para realizar as grafías das letras, en primeiro lugar repasamos co dedo a letra elixida, despois facémola co dedo na bandexa de pan raiado e despois coa tiza na pizarra, sáenos xenial!
Na mesa sensorial trocamos o arroz por... Lentellas!! un furor!!
Nos momentos de xogo libre somos moi creativos... e ademáis gústanos moito ser papás e mamás...
No obradoiro de luz, repasamos as cousas que aprendemos sobre o feto, e vimos as nosas ecografías.
Tamén xogamos un pouquiño coa luz negra que nos chifla!!
Aproveitamos o bo tempo para sacar os xogos de mesa fora da aula. Esta semana xogamos a un xogo de bolboretas no que traballamos a observación, atención e reacción.
Rematamos a semana con sesión maquillaxe, hoxe cada un elixiu un número para poñer na fronte, e ademáis representamos cos dedos a súa cantidade.
Ata outra!!!!
mércores, 26 de maio de 2021
domingo, 23 de maio de 2021
Semana curta pero ben aproveitada!
Ola familias!! Aquí vos deixo as novidades desta semana que foi curta pero deu para moito! Ollade:
Vivimos co noso corpo a direccionalidade do número dous:
Empregamos os animais contadores para asociar número e cantidade:
Esta semana aproveitamos o recurso da luz negra e a mesa de luz para seguir traballando o noso nome:
Saímos fóra do centro para observar a unha egua e ao seu potriño, que estaban nunha finca ao lado do cole:
Estamos habituando a facer sesión pintacara... esta semana flores!!!
domingo, 16 de maio de 2021
Semana de Galicia!
Ola familias!!
Comezamos a semana con sesión espectáculo. TARABELOS obsequiounos coa obra: "O traxe novo do rei". Estivemos moi atentos e gustounos moito!!
Gústanos moito bailar, esta semana toca música en galego, aprendemos a canción de Meu o mundo é de Paco Nogueiras:
Aquí vos deixo o enlace porque a estos peques encántalle!!
Seguimos coa festa das letras galegas, subimos ao salonciño do cole e coñecemos a persoa a que se lle dedica este ano as letras galegas: XELA ARIAS.
Fixemos unha ficha na que puxemos o seu nome, ademáis de coñecer un pouco máis a nosa comunidade. Pintamos a provincia de Lugo, porque foi onde naceu Xela.
Pintámonos a bandeira de Galicia porque somos galegos!!!
En psicomotricidade xogamos a tirar da corda...temos moita forza!!
Seguimos co proxecto de Jackson Pollock, desta vez tocounos... disparar pintura!!
Preparamos o título das nosas obras empregando a técnica do punteado cos rotus Dots, que serven para facer puntiños... e tamén salpican pintura!
Xogos novos na aula... que ilusión nos espertan!
Non nos esquecemos do obradoiro de LITERARTE, esta semana aproveitamos o conto "El sol llega tarde" para decorar a nosa porta da aula, mirade que chula nos quedou!
Déixovos por aquí o enlace do conto que temos no blogue de Arnaldo:
E non vos perdades radio faladoiro no blogue de Arnaldo:
http://aspegadasdearnaldo.blogspot.com/
E por último.. a sorpresa que tiñamos agochada dende hai varias semanas... o agasallo para as nosas familias!! Estes pequech@s decoraron e plantaron sementes de pensamentos que están a agromar agora, esperemos que pronto nazcan flores ben bonitas e así decoren as vosas casas!





















































