venres, 12 de maio de 2017

AO TEATRO CON GATUXO

O outro día os peques do cole estivemos no teatro desfrutando dun concerto teatralizado: GATUXO. Se queredes saber un pouco máis sobre esta obra premede na imaxe. 



E aquí tendes un pequeno resumo do que puidemos desfrutar en directo:



Así de felices estábamos no cole esperando o bus que nos levaría a Pontevedra!












PSICOMOTRICIDADE CREATIVA

Os pequechos do cole quixeron dar renda solta á súa imaxinación e montar un circuito. Con moito empeño e esforzo montaron un chulísimo para xogar no ximnasio. 


E despois desfrutaron moito xogando e saltando nel!

sábado, 6 de maio de 2017

FELIZ ANIVERSARIO LEIRE E ROQUE

         O mes pasado tivemos de aniversario a Leire e Roque, que xa cumpriron 5 anos.
Moitas felicidades Roque!!
Moitas felicidades Leire!!
   

mércores, 3 de maio de 2017

PLANTACIÓN NO HORTO

Estamos desexando ter un horto máis grande para plantar moitas cousas entre todos os nenos e nenas do cole....
 

...pero mentras tanto, grazas ao inxenio do profe Jorge, xa temos un mini horto no noso patio.



E os maiores de infantil comezamos a nosa pequena plantación.



Agora teremos que coidala a ver se prende todo e facemos unha deliciosa ensalada! 





Pementos, tomates, albahaca, leitugas... mmmm que rico todo!



Ah! no patio de primaria, pegadiño ao noso patio, tamén fixemos unha pequena plantación de xirasois: medran rapidísimo! 

MERENDA DE PICNIC

Non o podemos disimular: aos máis peques do cole encántanos a primavera e o bo tempo, por iso aproveitamos, sempre que podemos, para facer merenda de picnic que é moi divertido!

ARTE CON BEEBOT

Encántanos xogar con Beeboot, pero si ademais o taboleiro é feito por nós mesmos... aínda nos gusta máis!



Primeiro deixamos voar a imaxinación e cada un deseñou unha casiña co número elexido....



...e despois, coa axuda de Beeboot, fixemos cálculo mental: vivan as mates divertidas!

mércores, 26 de abril de 2017

PEQUENOS TITIRITEIROS

Hoxe atopamos unhas fotos do mes de novembro (canto creceron os peques nestos meses!!). Queredes ver a tropa de titiriteiros da clase de 5 anos? ese día xogamos ao teatro e descubrimos diferentes tipos de títeres... pasámolo fenomenal!