xoves, 14 de decembro de 2017

DEGUSTACIÓN DE OUTONO

O outono é unha estación que nos encanta porque está chea de cores... pero tamén está chea de sabores deliciosos! Por iso os nenos e nenas de 3 e 4 anos nos xuntamos para facer unha degustación. 
Pero non pensedes que so comemos, primeiro traballamos un montón!


Vimos a diferenza entre os froitos secos e carnosos que os da clase de 4 anos explicaron de marabilla, coñeciamos froitas que nunca víramos, identificamos cores, tamaños... e despois puxémonos mans a obra: lavar, cortar, pelar, espremer.... un montón de traballo que requiría moitas habilidades, pero que rematou da mellor maneira: saboreando a froita!
Aquí vos deixamos un recordo desta actividade tan chula!



E si queredes saber que froitas degustamos, non vos perdades a presentación que fixeron os máis peques do cole premendo AQUÍ

AS FROITAS PARLANTES DE OUTONO

O mes pasado os peques do cole atopamos unha sorpresa na clase: unha caixa chea de iPads! Que emoción e que ganas de fuchicar!



Iso foi o que fixemos os primeiros días coas tablets: fuchicar, probar o seu manexo, descubir algunhas cousas que podemos facer...



E esta semana xa nos lanzamos a facer o noso primeiro traballo!



Como xa sabedes, a semana pasada desfrutamos unha deliciosa degustación de froitas de outono. premede AQUÍ si queredes ver o ben que o pasamos. 


Pois os peques quixemos presentar todas as froitas que formaron parte da degustación.... bueno axudamos a que as propias froitas se presentasen.



Eliximos imaxes das diferentes froitas, gravamos as mensaxes e colocámoslle os ollos cada un ao noso gusto.... mirade que divertido o resultado!

luns, 11 de decembro de 2017

TRABALLANDO DURO NA CLASE DE 3 ANOS

Pouco a pouco imos presentando aos peques diferentes actividades para que teñan varias opcións de xogo nos que, sen darse conta, estarán traballando moitas cousas. Aquí vos ensinamos 3 propostas.



Seguimos xogando cos seus nomes, porque son as palabras máis significativas para cada neno e nena, cunha enorme carga afectiva, o cal os motiva un montón.


E de paso que xogamos coas letras practicamos habilidades motrices e destrezas que lles serán moi necesarias á hora de empezar coa lectoescritura: coordinación, precisión, forza nas mans e nos dedos, agarre en pinza,....


Ademais de aprender como é o seu nome, estas actividades serven para exercitar os músculos dos dedos e mans.



Outra proposta con material moi sinxelo é o rasgado que permite practicar o agarre en pinza, habilidade que van necesitar cando aprendan a escribir.



Resulta moi estimulando poder encher todo de papeis!!



Mirade que concentración esforzándose por rasgar cos dedos das pinzas



E completamos a actividade pegando os trociños...



...ademais de desfrutar co pegamento...

...fan composicións do máis creativo!

PARABÉNS MARIO!

Mario cumpliu 3 anos e iso merecía unha celebración por todo o alto!


Primeiro decorou a súa coroa coa axuda dos seus compis: quedou moi alegre!


Despois chegou un momento moi especial no que Marío foi ensinando fotos dende que naceu e contándonos moitas cousas de cando era pequeno: que emoción!.


Como xa sabedes celebramos a vida dando voltas ao sol, igual que fai a terra cada ano, así que Mario deu tres voltas ao sol mentres todos lle cantamos.



Outro compi que cumple 3 anos, que alegría!


Mario tamén decorou a súa inicial para a parede dos cumples: ata unha pluma lle quixo pegar!

Así de bonita lle quedou: un artistazo!


Por suposto todos deixamos a nosa pegada única e especial no cadro co que agasallamos a Mario. El tamén nos agasallou a nós cuns mini contos: grazas Mario!


A nosa parede das iniciais vai collendo cada vez máis cor!


E por suposto non podía faltar un biscoito delicioso que Mario compartiu con todos e co que soplamos as velas e lle cantamos nos 3 idiomas que sabemos: mirade unha mostra!




Parabéns Mario!

domingo, 10 de decembro de 2017

ARTE DE OUTONO

Pintar con pincel é algo que lles encanta aos peques, aínda que terminen tamén coas mans cheas de pintura jejeje. esta vez pintamos follas que recollimos no patio do cole ou que levamos da casa: follas do liquidambar, de carballo americano, de castiñeiro.... mirade que bonita quedou a nosa porta e o concentrados que traballamos. 









 
Mirade con detalle que chulas quedaron: menudos artistas!!



venres, 8 de decembro de 2017

XOGANDO COAS FOLLAS

     Aquí estamos os nenos e nenas de 5 anos neste patio tan chulo que temos,  facendo pequenas moreas con estas preciosas follas, e despois lazándoas polo aire, parecía unha verdadeira "chuvia de follas".





    Mirade que ven o estamos pasando¡¡¡
     

mércores, 6 de decembro de 2017

O SAMAIN NA CLASE DE 5 ANOS

              Na  primeira semana de novembro, estivemos traballando a celebración do Samaín.
          As nosas nais contaron na biblioteca historias de medo, e na clase estivemos lendo contos ás escuras con linternas.
           Foi moi divertido...¡¡¡



    Na aula tamén fixemos unhas cabazas terroríficas. A verdade que dan mais risa que medo.  Despois de traballar moito....
             Mirade que chulas quedaron....¡¡¡