martes, 6 de novembro de 2018

ANIVERSARIO DE DARIO

O noso compañeiro dario xa cumpliu 4 anos, que maiores se dan estes nenos!!!! e celebramolo na clase contandonos como foron estes 4 anos de vida.

Ademais fixemos unha coroa e un pequeño un agasallo.



 E cantando, soprando as velas e compartindo un biscoito con todos nos.




luns, 5 de novembro de 2018

TALLER COA FAMILIA DE ÓSCAR

Para que ó samaín fose aínda mais divertido vino a mama de Óscar o aula para facer con nós unhas bolsas para levar chuches, e ata nos regalou un montón de chuches e chocolatinas monstuosas para enchelas.
Poidemos elexir a que máis nos gustaba e decorala, o resultado é MONSTRUOSO


E por fín o mércores 31 levámolas para casa cargadiñas de golosinas para disfrutar da ponte

TROQUELES DE SAMAÍN

A semana pasada fixemos troqueles de Samaín e despois de elexir o que máis nos gustaba nos puxemos manos a obra.
ESQUELETES, BRUXAS, GATOS...




luns, 29 de outubro de 2018

PROXECTO MIRÓ (VII)

    Hoxe, e aproveitando a temática do Samaín, traballamos na aula o libro de Vileta Monreal "El círculo de Miró quería ser esqueleto"
   Aproveitando que Eva trouxo a aula unha reprodución da pintura de Miró "Amanecer", traballamos esta pintura a través deste conto tan divertido no que unha pintura de Miró quere converterse nun esqueleto e sentir emocións.
  

  Cando rematamos tratamos de reproducir ao protagonista do conto e estes foron os resultados das nosas obras de arte.
 





venres, 26 de outubro de 2018

FELIZ ANIVERSARIO IKER..!!!

     O pasado 15 deste mes, estivo de aniversario o noso compañeiro Iker que xa cumpriu 3 anos.... Decorou a súa coroa coa axuda dos seus compañeiros... e despois non podía faltar a tarta tan especial que todos fixemos..!!! 
          PARABENS IKER...!!! Esperamos que o pasaras moi ben.




MOCHILA VIAXEIRA

O día da inaguración da biblioteca deixounos a mochila viaxeira unha gran iniciativa que leva libros para toda a familia. Vai a pasar polas casas de todos para que poidamos difrutar dos libros, os cd...

O primeiro en levala foi Eugenio que xa a trouxo de volta, e desfrutou especialmente COCORÍCO e deixouno plasmado na libreta que acompaña a mochila.
Agora tócalle a Óscar disfrutala estas dous semanas.


PROXECTO MIRÓ (VI)

    Esta semana traballamos o libro de Violeta Monreal "Miró un artista con imaginación" de onde sacamos unha xenial idea xogando coa nosa imaxinación e creatividade.

Así quedaron as nosas obras de arte: