martes, 26 de novembro de 2019

SEGUIMOS TRABALLANDO...

    Na aula de tres anos continuamos aprendendo moitas cousas e esta semana as familias mandaron froitos típicos desta estación do ano que na clase clasificamos en secos e carnosos.




sábado, 23 de novembro de 2019

A MOCHILA VIAXEIRA

   A mochila viaxeira xa está en marcha, despóis dun longo descanso. Arnaldo, a mascota da "biblio" , dexounos outro ano máis a mochila chea de contos, pero diferentes aos do curso pasado. Carmen foi a primeira compañeira en levar a mochila... estaba entusiasmada explicando os contos aos seus compis e todo o que fixo no caderno... os contos que máis lle gustaron foron... A VACA VICTORIA e PIÑEIRO PIÑEIRO. Tamén estivemos vendo o que fixeron os nenos e nenas do curso pasado de catro anos... e a verdade que fixeron maravillas...
                  ¡¡¡MIRADE QUE ATENTOS ESTÁN TODOS!!! 








xoves, 21 de novembro de 2019

MERENDAS EN TRES ANOS

    Outra actividade que estabemos facendo ao comezo do curso foi a elaboración dos manteles que xa usamos para merendar. Mirade que xenial nos quedaron!




mércores, 20 de novembro de 2019

FELIZ ANIVERSARIO AINARA

   A principios deste mes tivemos o cumpleanos de Ainara que xa cumpriu tres anos. Parabéns Ainara e moitas grazas polos doces ...

 

martes, 19 de novembro de 2019

SAMAIN EN 3 ANOS

    Aquí poño unha foto para que vexades o guapos e guapas que estabamos o día de Samaín
  Moitas grazas polas merendas terroríficas...
Estaban boísimaaaaasssss!!!!

luns, 18 de novembro de 2019

O SAMAÍN NA CLASE DE 4 ANOS

     Coma tódolos anos, celebramos no cole "O Samaín". Na clase decoramos a porta da nosa aula, cun monstro que daba MOITO MEDO... e fixemos unhas arañas coas mans manchadas de tèmpera negra....parecían de verdade. Na casa axudados polas nosas familias, decoramos cabazas, e fixemos unhas merendas terroríficas, para compartir con nosos compañeiros...¡¡¡PASÁMOLO MOI BEN !!