xoves, 12 de novembro de 2020

PROXECTO O NOSO CORPO (II)

    Continuamos co noso proxecto sobre o corpo humano e outra das actividades que facemos todos o días é ver o que crecemos . Para iso pesámonos e medímonos e apuntamos os datos no papel que vos enviei a casa e onde cubristes os mesmos datos cando eran bebés.

    Outra das cousas que estamos a facer diarimente é a nosa silueta. Para isto aproveitamos para coñecer a un artista cuia obra caracterízase polo uso de siluetas de moitas cores e en diferentes posturas: "Keith  Haring". Para coñecer a este artista estivemos vendo algunhas das súas obras, reflexionando o que podían significar e imitando as posturas que nelas aparecian. Aquí tendes algúns exemplos dos resultados:
 
 imágenes sacadas de ochodamas.com y decoracionia.net
 


 



Cada día, ó encargado/a, debuxámoslle a súa silueta adoptando diferentes posturas e as coloreamos.


    E estamos a facer a nosa propia obra de arte inspirada en Keith  Haring. Así nos está a quedar. Esperamos que vos guste!!!

mércores, 11 de novembro de 2020

PROXECTO "O NOSO CORPO:MEDRAMOS"

    Ola familias!!! Fai uns 15 días, ao chegar a clase pola mañá, atopámonos cun esqueleto!!! Non chegamos a un acordo sobre como chegara ata alí, aínda que moitos dicían que fora Sergio que o trouxera no  bús... pero tampouco nos convencía moito esta hipótese xa que ninguén o vira...Decidimos que este ia ser o noso primeiro proxecto deste curso.

    Puxémonos ao choio e cada un de nós pintou, aproveitando as cores do outono, unha letra do título do noso novo proxecto "O noso corpo: crecemos" para colocar na zona de información do mesmo. Xa vos iremos poñendo fotos de cómo vai quedando este recuncho.



    E tamén, e moi importante, era atopar e decidir entre todos e todas, un nome para o noso novo compañeiro de clase. Despois de anotar diferentes propostas e votar saíu gañador "Sr. Hueso"

 

martes, 10 de novembro de 2020

XOGAMOS COA LUZ NEGRA

    Esta semana estivemos a xogar e experimentar coa luz negra de forma libre facendo "vistosos e flourescentes" debuxos. Traballamos, desta forma tan divertida, a silueta corporal, os nosos nomes, formas... Que experiencia tan vistosa!!!



 

domingo, 8 de novembro de 2020

SAMAÍN NA CLASE DE 4 ANOS

    A semana pasada celebramos no cole a semana do  samaín e fixemos unha chea de actividades  super divertidas. Aquí deixámosvos algunhas para que  vexades o ben que o pasamos e o guapos que estabamos!!!

    Decoramos as portas con divertidos monstros:


    Pintamos follas e as convertimos en pantasmas coas que decoramos a clase


        Lemos ás escuras coas lanternas que trouxemos de casa

    Fomos á casa de Arnaldo a facerlle unha visita.  Alí a  profe Fátima ensinounos as normas da  biblio e  lemos un conto  chulísimo "La estraña visita" co que nos  rimos unha chea...
Ah!!! e a biblioteca  estaba  fantasmagórica!!!! Encantounos

 

E por último mirar que guapos e que guapas fomos ao cole. Menudos sustos demos!!!






   E as merendas eran espectaculares,sodes uns artistas!!!!
  Grazas familias pola vosa colaboración!!!

venres, 6 de novembro de 2020

Coñecemos a nosa mascota: ARNALDO!

Os pequechos de tres anos, cada día descubrimos un novo recuncho do cole. Esta semana, fumos a coñecer a nosa mascota, o lagarto Arnaldo, que vive na nosa biblioteca. A profe díxonos que era un lagarto, pero nunca pensamos que fose tan grande! e ademais que nos puidesemos sentar no seu coliño! A nosa biblio ten un montón de recursos para aprender!!

Así nos presentamos cada un de nós a Arnaldo.
















A teacher Fátima entregounos os nosos carnets de biblioteca co que podemos levar libros emprestados para ver nas nosas casas en familia.

 

 





Despois deunos un pequeno lagarto para que nos pintasemos e despois empregalo como sinalizador do lugar que ocupa na biblio o conto que levamos emprestado.


 

Encántanos visitar a Arnaldo na súa casa!