Os nenos e nenas da clase de 4 anos queremos que vexades o mural que montamos este nadal no corredor da nosa aula.
Entre todos coloreamos as letras e decoramos a árbore que despois enchemos de agasallos.
Mirade que bonito nos quedou!
E así de guapos lucimos todos coa nosa árbore:
Hai algo mais que temos moitas ganas de compartir con todos. Cando chegamos este ano, despois das vacacións, a profe Bea contounos que os reis deixaran uns agasallos na súa casa cunha nota que dicía: PARA TODOS OS NENOS E NENAS DA CLASE DE 4 ANOS... que emoción!!
Que listos son os reis magos: os agasallos ern xusto algunhas cousas que necesitábamos na nosa clase!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario