mércores, 11 de febreiro de 2015

PROXECTO BALEAS (5)

A profe falounos de algo moi perigoso para as baleas e outros animais... pensamos que nos falaria dun terrible tiburón ou algo así... pero falounos das bolsas de plastico e do perigoso que resultan para animais que quedan atrapados, que as comen... e de tristes historias de baleas que morreron por culpa de plasticos tirados ao mar. 

Asi que falamos das 3 R: 
REDUCIR - RECICLAR - REUTILIZAR 
e do importante de facelo có plástico. Puxemos un cartel na porta para poder explicarllo a todos os compis e profes do cole. 


E cada un de nos fixo unha tarxeta para regalar con esta mensaxe:



Ningún comentario:

Publicar un comentario