Na clase de 5 anos contamos dous contos xeniais que recomendamos a todo o mundo: "MARTÍN GRIS" e "MONSTRUO ROSA"
Os dous falan sobre o marabilloso que é ser diferentes, porque iso nos fai únicos e especiais.
Tamén descubrimos un xogo de Hervé Tullet que vos recomendamos, porque é moi divertido para xogar en familia.
Despois de ler Monstro Rosa e de ver diferentes monstros no conto, era o xogo perfecto: cada un tiña que crear un personaxe propio: único e especial.
...coa que fixeron o corpo dos seus monstruiños.
Despois tocoulle o turno ao dado, que foi o encargado de dicir cantas partes tiñan que ter de cada: brazos, ollos, orellas, narices, bocas.... e parece que lle colleu gusto ao 5!!
Cada un creou o seu monstruiño usando diferentes materiais, diferentes cores... coa única consigna de contar o número de partes.
Outro día repasamos e contamos as partes debuxadas para comprobar que non houbese erros, e fixemos o reconto nun cadro (traballando as mates).
Despois de crear as personaxes seguimos exercitando a imaxinación (e traballando a lectoescritura).
Cada un tivo que escribir certas cousas sobre o seu monstro: como se chamaba, que comía e onde vivía.
Noutra sesión, con eses datos e coa axuda dos iPads, cada un sacou unha foto ao seu monstruiño e fixo que falase.
Queredes coñecelos? aínda que teñen o mesmo número de bocas, ollos, pernas.... veredes que todos son únicos e marabillosamente diferentes!
Sen dúbida, o mundo que queremos está cheo de diversidade o cal nos enriquece a todos porque fai que todo sexa máis bonito e especial.
me parto e me troncho con estes monstruiñ@s tan delicios@s..
ResponderEliminarGracias profes por sempre buscar iniciativas q fagan do aprendizaxe algo divertido, diferente e apetecible.. de aí saldrán grandes personaxes..(se non @s cagan no camiño q lles queda por diante..)