Un tema que preocupa moito ás familias dos nenos e nenas que comezan o cole en setembro, e tamén aos profes, é a adaptación, por iso tamén na reunión que tivemos en xuño falamos moito sobre este tema. Encántanos este vídeo de Miriam Tirado que resume de forma moi amena e divertida moitas das cousas que falamos.
E tamén vos animamos a ver estes consellos para axudar aos nenos e nenas neste cambio tan importante como é comezar no cole.
PREMEDE AQUÍ e poderedes ler máis artigos con enlaces sobre a adaptación escolar. Non pensedes que temos comisión nesta páxina, pero si que nos gusta a forma tan sinxela, cotiá e fácil de entender na se presentan as cousas.
Seguiremos en contacto coas familias para que a adaptación sexa o máis levadeira posible para todos, sobre todo para os peques! Vémonos en setembro!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario