martes, 17 de abril de 2018

NOMES DELICIOSOS!

Encántanos xogar coas letras e ademais somos uns lambóns, así que esta proposta foi todo un éxito. Lavamos ben as mans e nos puxemos a traballar. Primeiro, todos xuntos na asemblea, xogamos con todas as letras. 



Aproveitamos par xogar cun aspecto importante, previo á lectoescritura: a concienciación fonolóxica, que é a capacidade de diferenciar os diferentes sons que compoñen as palabras e relacionar cada un destes sons (fonemas) cunha representación gráfica (letra) (por exemplo a “L” non lle chamamos “ele” é a “llll”) Coas diferentes letras, facendo o seu son, pensabamos palabras que comezasen por esa letra... e ñaaam!!!


Tivemos que buscar a nosa foto e o noso nome... e comprobar que tiñamos o nome correcto... que coas ganas de comer as galletas quixemos apurar de máis! 



Todos e todas buscamos e ordenamos as letras dos  nomes. Encántanos comparar e ver que letras temos repetidas nuns nomes e noutros, cal é máis longo, cal ten letras repetidas... 



E por suposto despois zampamos os nomes... non quedou nin unha letra!



Sempre é moi motivador xogar coas letras do nome propio, que está cheo de significado e carga afectiva para cada neno e nena. 



Con esta actividade, ademais de traballar coas letras, xogamos a contar as que ten cada un... nunca lle puxeran tanto interés porque querían saber quen comera máis galletas! Tamén quixeron facer o nome dos profes e quedou claro a quen lle tocou comer menos galletas!


As letras que sobraron as repartimos en bolsiñas para levar para casa e seguir escribindo e comendo palabras con mamá e papá. 



Unha actividade sinxela coa que traballamos moitas cousas dun xeito moi divertido... e ademais deliciosa! Se vos animades a facela na casa, as galletas son de Ikea (Premede AQUÍ para velas)

Ningún comentario:

Publicar un comentario