Neste curso comenzamos a traballar co método ABN, traballando o número de maneira manipulativa neste caso asociando número e a súa grafía a cantidade
Xogamos co dado e o lego, o lanzar o dado saen un número expresado en forma de puntos cunha colocación determinada, descubrimos que número é e vamos collendo as pezas de lego que precisamos ata creara unha gran torre. aprendemos matemáticas, construímos e nos divertimos ata que non podemos chegar máis arriba
Pescamos animais de diferentes cores e que ben o pasamos o facelo cunha lata, contamos cantos conseguimos e asociamos a cantidade o número.
Estas son algunhas das actividades que realizamos baseadas no método ABN que ademais de aproximarnos dunha forma lúdica a lóxica matemática e o cálculo, son amenas e gústannos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario