luns, 14 de xaneiro de 2019

PROXECTO MIRO (XII)

    Para rematar este proxecto de Miró aqui temos en primeiro lugar as imaxes de Sara e Iria e os traballos de investigación que troxeron a aula e que explicaron moi ben os seus compañeiros e compañeiras.

  Como traballo final de proxecto elaboramos unhas bolsas para levar o material para casa baseándonos nunha obra de Miró titulada "Letras y cifras atraídas por una chispa". Para elo pintamos o fondo da bolsa de vermello e estampamos as nosas mans coa cor verde. Despois empregamos os selos para estampar as palabras "BO NADAL" e pegamos as cifras.
 



    Este foi o resultado final das nosas bolsas!!!

    E aquí vos deixamos un par de fotos da nosa exposición de arte de Miró que podedes vir a vela cando queirades!!!









Ningún comentario:

Publicar un comentario