xoves, 28 de marzo de 2019

PROXECTO A HORTA (II)

    En clase tamén estivemos a traballar sobre a horta e empezamos plantando en sementeiros diferentes tipos de plantas e sementes para que  xerminen e podelas  trasplantar á nosa pequena horta 
    Plantamos "tagetes" e "geranios" de diferentes cores que adornaran o patio.



    Prantamos plantas aromáticas (romero, albahaca, tomillo...) que servirán para os bichos mantéñanse lonxe das nosas verduras e hortalizas...
   ... E tamén lentellas para observar as diferentes partes dunha pranta









Ningún comentario:

Publicar un comentario