Ola familias! Como xa ben sabedes este curso o PDI do centro cursa sobre o 50º aniversario do cole e a clase de 6º de infantil traballamos, coa vosa axuda, sobre os xogos aos que adoitaban xogar os nosos papás e mamás ou os avós e avoas cando eles tiñan máis ou menos nosas idades e viñan ao cole .
Para iso contamos coa colaboración de varias familias.
A primera en participar foi o o papá de Tomé. Diego ensinounos como se xogaba ás chapas. Comentounos que as personalizaban e decoraban para saber e distinguir cada un ás súas . Despois facían un circuíto con diferentes tramos e trampas (a saída e meta, a morte...) procurando non saírse do circuíto xa que iso implicaba volver ao tramo anterior ou volver empezar...O gañador era o que primeiro chegase á meta. Estivemos a practicar varias veces e pódovos asegurar que non é nada doado...
Ademais das chapas , xogamos tamén ao "Toma tomate tómao..." (a este si que xogaba eu de pequena...) e no que tiñamos que estar moi atentas e atentos de que a última palmada non nos dese na man...
Tamén trouxo unha buxaina e fíxoa bailar.
Para rematar ensinounos algunhas maneiras de "botar a sorte":
- Uni- doni- teni- cudeni- suani- badana- cinchín- carrampín catro pes e van deas
- Xaquín, xacán
a cabalo dun can
ou can era coxo
caeu nun toxo
ou toxo era brando
caeu nun campo
ou campo era duro
e rompeu ou bandullo
- Ano de cesta
ano de besta
dixo meu pai que estaba nesta
Outra das familias que participaron foi a de Olivia. Neste caso Fátima ensinounos tres xogos:
"A raiuela": este xogo é moi coñecido aínda hoxe en día e no cole contamos co debuxo no patio, así que , despois de que nos ensinase as regras do xogo estivemos a tentar botar a pedra (que non se nos saíse do recadro) e ir pasando de primeiras a segundas, terceiras... e a pé manco!!!
O segundo xogo que nos ensinou foi o de "pelota anel" que consistía en que todos sentados formando un circulo, un neno ou nena leva nas súas mans unha argola (pequena) e tena que deixar caer nas mans dun dos seus compañeiros/as sen que o "vixiante-policía" , que ten que estar moi atento/a, se de conta. Foi moi divertido, e tampouco era fácil adiviñar, xa que moitos o facían de marabilla!!!
E o terceiro xogo foi o de "Pasa o tren" (eu coñézoo como pase misí-pase misá) e que consiste en que hai dous nenos/as que forman unha ponte e cada un deles elixe unha cor, ou unha froita... e os demais, en forma de tren van pasando por baixo da ponte cantando unha canción. Cando ésta remata o neno ou nena que queda atrapado na ponte ten que elixir entre as dúas opcións e colocarse detrás dun deles (do que elixiu a súa opción). Así ata que pasen todos/as e haxa dúas filas. Ao final teñen que tirar uns para un lado e outros para outro e a ver quen gana!!!
Canción:
Pasará, pasará
pero alguno quedará ,
si no es el que va delante
será el que va detrás
E o último en vir foi o papá de Brais, David, que nos ensinou o xogo dos trompos. Ensinounos como atalos, como collelos de forma correcta para facelos bailar e tiralos ao chan, aínda que esta parte resultounos bastante difícil...
Explicounos que se facía un circulo no chan e alí metíanse as buxainas vellas, ás que había que intentar darlle un calote (tentar furalos) ou botalos fóra do círculo para así poder quedar con eles.
Tamén ou fixo bailar sobre a súa man!!!
Tamén aproveitamos e xogamos a outro xogo popular como son os "bolos"
Moitas grazas familias pola vosas colaboracións!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario