Ola familias!!
Espero que esteades a pasar un bo verán!! Por aquí vos deixo as fotos do último anaco de trimestre que estivo adicado sobre todo a rematar o proxecto dos cans (canto nos gustou e canto aprendemos) o proxecto de arte de Vincent Van Gogh e a preparar a festa e a exposición do 50 aniversario do centro. Ademais de seguir aprendendo e xogando de xeito libre e autónomo, a verdade é que non nos chegan as horas!! Ollade:
Preparamos as portadas dos nosos traballiños amosando a nosa creatividade:
Aproveitamos todos os recunchos do cole para traballar, nesta ocasión escoitamos o conto de Preztel e fixemos o debuxo del na biblio:
Recibimos a visita da protectora de cans do morrazo, canto nos gustou colaborar con eles e coñecer a eses dous canciños tan agarimosos:
Na nosa investigación sobre o proxecto dos cans, descubrimos que temos unha raza autóctona galega, o Can de Palleiro, e puxémonos en contacto con esta asociación e foron moi atentos connosco, déronnos moita información sobre esta raza e ademáis agasalláronnos cunha mochila e uns lápices de cores de Can de Palleiro!! Quedamos moi contentos e agradecidos!!
Fixemos un memori das razas de cans que traballamos, encántanos xogar a él!!
Como aprendemos moitísimo sobre o proxecto cans levamos un súper agasallo de fin de proxecto: Unha gorra de cans que decoramos ao noso gusto: quedamos guapísimos!!
Continuamos co proxecto de Vincent Van Gogh e decoramos a nosa entrada cun campo de xirasois e traballamos as súas obras: Noite estrelada e a Habitación de Arlés, despois decoramos a nosa carpeta de artistas con pinceladas ao estilo Van gogh:
Seguimos traballando a nosa xeografía, que importante é saber onde temos os pés!!
E comezamos coa preparación da festa!!
Elaborando o expositor de fotos para a exposición:
Coñecemos o elemento que imos presentar na exposición: Os minerais e elaboramos o cartel cun mineral, o sal, que pintamos con acuarelas.
Preparamos banderíns para decorar todo o porche para a festa:
E chegou o día da festa!!!!!
Pasámolo en grande!!!
Os últimos días de curso aproveitamos para:
Celebrar os aniversarios de verán:
Desfrutar dun story-telling coa teacher Pachú:
E seguir creando, construíndo, aprendendo, coidando da natureza, xogando, manipulando, imaxinando... todo o que se nos dá ben aos pequechos!!!
E rematamos o curso cunha merendola!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario