Comezamos o mes de maio coa excursión máis especial do curso. Subimos no bus e marchamos rumbo á granxa Kiriko onde desfrutamos dunha xornada moi especial: cociñamos, vimos e tocamos animais, aprendemos moitas cousas de vida na granxa, xogamos... e, aínda que a chuvia estivo con nós, pasámolo pipa!!
O máis destacado da semana do 6 ao 10 foi que participamos na elaboración do maio e na preparación das coplas que despois compartimos coas familias (podedes ver máis premendo AQUÍ). Ademais aproveitamos as flores para facer máis actividades: que fermosa é a primavera!
A semana do 13 ao 16 de maio, entre moitas outras cousas, preparamos unha sorpresa para as nosas familias polo día da familia. Tamén comezamos a decorar as camisetas para a festa da lingua e pechamos a semana coa visita dunha protectora de cans e dunha cadeliña preciosa que nos roubou o corazón!
A semana do 21 ao 24 rematamos as camisetas para a festa da lingua e por fin chegou a día de xuntarnos co cole de Ardán e desfrutar dun día chulísimo. Non puido vir Brais das Hortas (estaba pochiño) pero desfrutamos con Asacocirco dun espectáculo que nos encantou!
Despedimos o mes traballando a tope na investigación das píntegas: aprendemos un montón! Ademais Arnaldo seguiu deixándonos pistas e retos por todas partes, e tamén trozos do mapa do tesouro: que emoción cada vez que atopábamos un!!!
Ademais esta semana estreamos unhas pezas feitas na impresora 3D do cole, para sacarlle aínda máis partido ao kapla, e foi todo un éxito!!! Demos renda solta a nosa creatividade e non paramos de montar letras, casas, animais...
Xa sabedes que nos encanta celebrar os días especiais, e os 3 últimos meses do curso están cargadiños de aniversarios. Comezamos maio celebrando que Theo xa ten 5 anos: parabéns compi!!!
En maio tamén celebramos o aniversario de Artai: parabéns polos teus 5 aniños!!
E por último compartimos un vídeo moi especial coas recomendacións lectoras que comezamos en abril, mes dos libros. Voluntariamente trouxeron os seus libros preferidos para recomendalos, e, dendo logo, descubirmos auténticos tesouros, pero mellor que o vexades vós mesmos: desfrutade o vídeo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario