mércores, 10 de xullo de 2024

ULTIMO MES NA CLASE DE 4 ANOS

Comezamos o mes con máis retos de Arnaldo, esta vez apareceu en clase unha Píntega, a medio facer, e Arnaldo retounos a rematala para conseguir outro trociño de mapa. Sen dubidalo puxémonos mans á obra. Esta semana tamén fixemos unha andaina ata a praia onde nos demos un chapuzón con toooodo o alumnado e o profesorado do cole. 

Seguimos traballando duro e rematamos a Píntega que quedou impresionante! O seguinte reto era sobre a medida das píntegas e pasámolo pipa xogando coas cintas métricas: medímolo todo! Esa semana pintouse o muro SEIXO CHEO DE VIDA e por suposto nós tamén participamos deixando alí a nosa pegada. Pechamos a semana coa visita da tropa da galiña azul (podedes ver máis premendo AQUÍ).

Na última semana do curso non paramos! Atopamos todas as pezas que faltaban do mapa e chegou o día de buscar o tesouro: que emocionante e que divertido! Tamén participamos no consello de nenos e desfrutamos de todas as actividades especiais de fin de curso (podedes velas no blog de Arnaldo).

Na última semana fíxose a estrea da exposición, nós puxemos o que aprendemos das píntegas, e, entre outras cousas, puxemos uns códigos QR que levaban a uns vídeos con moita información. Aquí a tendes toda!

O curso tamén rematou cargadiño de aniversarios, e xa sabedes que non deixamos pasar nin unha festa! Celebramos que Pablo xa ten 5 anos!

E tamén celebramos os aniversarios dos que chegarán aos 5 aniños no verán. Un día dedicámolo a Dylan e Saúl. Cando volvamos ao cole os dous terán 5 anos!

Outro día celebramos que Eira e Gala estaban a puntiño de cumprir 5 anos: pasámolo pipa!

Pechamos un ano fantástico e pronto comezaremos na clase de 5: os maiores de infantil!

mércores, 3 de xullo de 2024

SEIXO CHEO DE ASTRONAUTAS

Neste último trimestre os nenos e nenas de 5 anos convertémonos en astronautas e investigamos sobre o universo centrándonos no sistema solar.

 Recreamos a orixe do universo coa representación do Big Bang.

Representamos o sistema solar e as órbitas que seguen arredor do sol


Investigamos os distintos tipos de galaxias.

Aquí estamos tinguindo o arroz.

Fixemos un photocall de astronauta.

Investigamos sobre os planetas do Sistema Solar, as súas características e fixemos un mural.

 Aquí estamos facendo nós as órbitas de cada planeta arredor do sol.



Estivemos vendo un vídeo dos astronautas da NASA na Estación Espacial Internacional e fixemos a nosa propia estación.

 Traballamos os movementos do planeta Terra:  a rotación (día e noite) e translación (arredor do sol).

 Na aula de luz observamos as constelacións que trouxo Nico.

 Os compis trouxeron moitas cousiñas para investigar.

No eido da lectoescritura continuamos traballando, neste caso, con xogos relacionados co universo.

Neste xogo tiñamos que asociar cada letra minúscula do astronauta coa súa maiúscula do foguete espacial.


Xogamos a "ler" cada nome e asociar coa súa imaxe.


  Escribimos coas minúsculas

Xogamos ás sílabas tolas

Asociamos maiúscula e minúscula esta vez con peixes.

Compuxemos palabras de bechos e insectos que temos no patio.

Lóxica-matemática

Fixemos xogos de cadros de dobre entrada



Démoslle a benvida a primavera

 Plantamos aromáticas no patio de infantil coa clase de 3 e 4 anos.

  Contribuímos a manter o noso xardín ben regado.

 Plantamos bulbos

 Fomos ao museo de Pontevedra e vivimos a arte a través dos 5 sentidos.

Recibimos un obradoiro de ioga.




Ao acabar o proxecto dos piratas, no 2º trimestre, tamén fixemos un debuxo como peche.


Xogamos moitísimo. Encántanos construír e crear.




Boas vacacións chicos e chicas!!! Moitísima sorte na nova etapa!!!