Comezamos o mes con máis retos de Arnaldo, esta vez apareceu en clase unha Píntega, a medio facer, e Arnaldo retounos a rematala para conseguir outro trociño de mapa. Sen dubidalo puxémonos mans á obra. Esta semana tamén fixemos unha andaina ata a praia onde nos demos un chapuzón con toooodo o alumnado e o profesorado do cole.
Seguimos traballando duro e rematamos a Píntega que quedou impresionante! O seguinte reto era sobre a medida das píntegas e pasámolo pipa xogando coas cintas métricas: medímolo todo! Esa semana pintouse o muro SEIXO CHEO DE VIDA e por suposto nós tamén participamos deixando alí a nosa pegada. Pechamos a semana coa visita da tropa da galiña azul (podedes ver máis premendo AQUÍ).
Na última semana do curso non paramos! Atopamos todas as pezas que faltaban do mapa e chegou o día de buscar o tesouro: que emocionante e que divertido! Tamén participamos no consello de nenos e desfrutamos de todas as actividades especiais de fin de curso (podedes velas no blog de Arnaldo).
Na última semana fíxose a estrea da exposición, nós puxemos o que aprendemos das píntegas, e, entre outras cousas, puxemos uns códigos QR que levaban a uns vídeos con moita información. Aquí a tendes toda!
O curso tamén rematou cargadiño de aniversarios, e xa sabedes que non deixamos pasar nin unha festa! Celebramos que Pablo xa ten 5 anos!
E tamén celebramos os aniversarios dos que chegarán aos 5 aniños no verán. Un día dedicámolo a Dylan e Saúl. Cando volvamos ao cole os dous terán 5 anos!
Outro día celebramos que Eira e Gala estaban a puntiño de cumprir 5 anos: pasámolo pipa!
Pechamos un ano fantástico e pronto comezaremos na clase de 5: os maiores de infantil!
Ningún comentario:
Publicar un comentario