xoves, 5 de outubro de 2017

PROXECTO OS CARACOIS (I)

    Durante a primeira semana do cole tivemos en clase un caracol que atopamos no patio, e debido á gran curiosidade que este pequeno animal espertou en nós, decidimos que a nosa primeira investigación sería sobre estes animais.




    Para iso convertémonos unha vez máis en investigadores, escribimos a nota para as nosas familias e empezamos un novo proxecto: OS CARACOIS
 

martes, 3 de outubro de 2017

PARABÉNS EMMA!!!

    Emma xa ten 4 anos¡¡¡. Estes primeiros días celebramos o cumpre de Emma que, como coincide o un de setembro, queremos que tamén teña o seu día no cole connosco.
    Moitas felicidades Emma¡

luns, 2 de outubro de 2017

BENVIDOS A 4 ANOS¡¡¡¡

     Xa estamos outra vez de volta coas pilas cargadas e con moitas ganas de aprender (e xogar cos compañeiros e compañeiras...)¡¡¡

domingo, 1 de outubro de 2017

BENVIDA AOS MÁIS PEQUES DO COLE

Un novo curso está en marcha e un grupo de nenos e nenas comeza a súa viaxe no cole de Seixo. 
15 marabillosos nenos e nenas, todos únicos e especiais: BENVIDOS A SEIXO!



Estos son algúns recordos do seu primeiro día no cole: coñeceron a súa clase, recibiron visitas e xogaron un montón! 

sábado, 23 de setembro de 2017

FELIZ ANIVERSARIO LARA IVÁN CARLOS E JOEL

   Nas vacacións de verán tivemos de aniversario a Lara, Iván, Joel, e Carlos. Aproveitamos agora o principio deste curso para celebralo.

xoves, 21 de setembro de 2017

A PULSEIRA DOS BICOS

Os máis peques do cole rematan mañá o seu período de adaptación grazas ao cal, pouquiño a pouco, se van sentindo máis cómodos no cole. Xa nos imos coñecendo, peques e maiores, e cada día o pasamos mellor xuntos. 


Fixemos con eles algo máxico e especial que esperamos lles axude a estar máis tranquilos e contentos neses momentos nos que botan de menos a papi ou a mami.



Todos os nenos e nenas elixiron as boliñas que máis lles gustaron e a orde na que querían poñelas para montar a súa pulseira máxica. Coa axuda da profe e con moita paciencia fixeron unhas pulseiras preciosas! 



Ao día seguinte as pulseiras volveron ao cole ben cargadas de bicos de papá, de mamá, dos avós, dos irmás,... 



E a profe tamén levou a súa pulseira cargada de bicos dos peques para non botalos de menos polas tardes ^_^ 

venres, 18 de agosto de 2017

A ADAPTACIÓN ESCOLAR

Un tema que preocupa moito ás familias dos nenos e nenas que comezan o cole en setembro, e tamén aos profes, é a adaptación, por iso tamén na reunión que tivemos en xuño falamos moito sobre este tema. Encántanos este vídeo de Miriam Tirado que resume de forma moi amena e divertida moitas das cousas que falamos. 



E tamén vos animamos a ver estes consellos para axudar aos nenos e nenas neste cambio tan importante como é comezar no cole.



PREMEDE AQUÍ e poderedes ler máis artigos con enlaces sobre a adaptación escolar. Non pensedes que temos comisión nesta páxina, pero si que nos gusta a forma tan sinxela, cotiá e fácil de entender na se presentan as cousas. 

Seguiremos en contacto coas familias para que a adaptación sexa o máis levadeira posible para todos, sobre todo para os peques! Vémonos en setembro!!!