Onte tocoulle a Hugo estar de aniversario e con el o celebramos no cole facéndolle bonitos regalos e cantándolle o "cumpleaños feliz". Moitos parabéns Hugo!!!!
mércores, 18 de abril de 2018
martes, 17 de abril de 2018
NOMES DELICIOSOS!
Encántanos xogar coas letras e ademais somos uns lambóns, así que esta proposta foi todo un éxito. Lavamos ben as mans e nos puxemos a traballar. Primeiro, todos xuntos na asemblea, xogamos con todas as letras.
Aproveitamos par xogar cun aspecto importante, previo á lectoescritura: a concienciación fonolóxica, que é a capacidade de diferenciar os diferentes sons que compoñen as palabras e relacionar cada un destes sons (fonemas) cunha representación gráfica (letra) (por exemplo a “L” non lle chamamos “ele” é a “llll”) Coas diferentes letras, facendo o seu son, pensabamos palabras que comezasen por esa letra... e ñaaam!!!
Tivemos que buscar a nosa foto e o noso nome... e comprobar que tiñamos o nome correcto... que coas ganas de comer as galletas quixemos apurar de máis!
Todos e todas buscamos e ordenamos as letras dos nomes. Encántanos comparar e ver que letras temos repetidas nuns nomes e noutros, cal é máis longo, cal ten letras repetidas...
E por suposto despois zampamos os nomes... non quedou nin unha letra!

Sempre é moi motivador xogar coas letras do nome propio, que está cheo de significado e carga afectiva para cada neno e nena.

Con esta actividade, ademais de traballar coas letras, xogamos a contar as que ten cada un... nunca lle puxeran tanto interés porque querían saber quen comera máis galletas! Tamén quixeron facer o nome dos profes e quedou claro a quen lle tocou comer menos galletas!
As letras que sobraron as repartimos en bolsiñas para levar para casa e seguir escribindo e comendo palabras con mamá e papá.
Unha actividade sinxela coa que traballamos moitas cousas dun xeito moi divertido... e ademais deliciosa! Se vos animades a facela na casa, as galletas son de Ikea (Premede AQUÍ para velas)
luns, 16 de abril de 2018
PARABÉNS EUGENIO!
Comezamos esta semana cun aniversario: Eugenio xa ten 4 anos!
Esa coroa tan chula foi o resultado do traballo detallista de Eugenio con axuda dos seus compis.
Celebramos os 4 anos de vida de Eugenio que dou 4 voltas ao sol mentres vimos canto medrou nestes anos.
Coma sempre, desfrutamos moito vendo as fotos dende bebés, todos coincidiron que Eugenio ao nacer era igualiño pero máis pequeno.

Eugenio decorou a súa letra con moito coidado e elexiu un montón de cousas para pegarlle.

Así de chula quedou a súa inicial... que pouquiño falta para completar a parede das letras!
Por suposto cantamos e soplamos as velas con Eugenio... as merendas dos cumples sempre son especiais!
Cando estamos de festa sempre temos ganas de bailar, pero hoxe especialmente, xa que tamén celebramos que saiu o sol, así que decidimos baixar ao patio dos maiores a bailar e saltar!
Aproveitamos a tope o tempo de xogo... moitos lle dixeron a Eugenio que era un cumple moi guai!!

Parabéns Eugenio, encantounos celebrar este cumple ao sol.
sábado, 14 de abril de 2018
MURAL DE INVERNO
Coa chegada do inverno, a paisaxe do outono cambia de cor, o tempo vólvese máis frio, e as cores son brancas e grises, todo isto lle pasa o noso mural, que vai cambiando segundo a estación na que nos atopemos.
Mirade como traballamos con diferentes técnicas facendo bonecos e copos de neve....!!!
mércores, 11 de abril de 2018
ARTE PRIMAVERAL
As 4 estacións de Vivaldi é unha obra moi coñecida. Os peques pintaron 4 grandes cadros escoitando "A primavera" e este foi o marabilloso resultado.
Non vos perdades este vídeo, é unha delicia ver o relaxados e tranquilos que están escoitando música e pintando libremente.
martes, 10 de abril de 2018
QUE BOCATAS TAN RICOS!!! Y SANOS...!!!
OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS TAMÉN PARTICIPAMOS NO OBRADOIRO "ALIMÉNTATE BEN" E TAMÉN MERENDAMOS OS BOCATAS TAN RICOS FEITOS CON PRODUCTOS DO MAR . NON QUEDARON NIN AS MIGALLAS...
luns, 2 de abril de 2018
QUE BOCATAS MAIS RICOS....!!!
No trimestre pasado, todo o cole participou na modalidade "Aliméntate ben" dentro do "Plan Proxecta". Aprendimos moito do beneficioso que son as conservas, e despois cada un tomamos un bocata con ingredientes elexidos por nós........sardiñas, atún, millo, cenorias, espinacas.... etc. Gardamos o bocata para o recreo.
¡¡¡Mirade con que gusto tomámolo.......non sobrou nada...!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





