luns, 14 de xaneiro de 2019

PROXECTO MIRO (XII)

    Para rematar este proxecto de Miró aqui temos en primeiro lugar as imaxes de Sara e Iria e os traballos de investigación que troxeron a aula e que explicaron moi ben os seus compañeiros e compañeiras.

  Como traballo final de proxecto elaboramos unhas bolsas para levar o material para casa baseándonos nunha obra de Miró titulada "Letras y cifras atraídas por una chispa". Para elo pintamos o fondo da bolsa de vermello e estampamos as nosas mans coa cor verde. Despois empregamos os selos para estampar as palabras "BO NADAL" e pegamos as cifras.
 



    Este foi o resultado final das nosas bolsas!!!

    E aquí vos deixamos un par de fotos da nosa exposición de arte de Miró que podedes vir a vela cando queirades!!!









E SOPRANDO SOPRANDO .....PINTAMOS!!!

Hoxe puxemonos manos a obra e con todas as ganas fixemos un fondo precioso con pintura rebaixada con auga, paixiñas e os nosos pulmóns. Porque existen moitas formas de pintar, crear e imaxinar e nos gusta ir probando.

Mesturamos cores, fixemos camiños .... que difícil é soprar sen que se saia do papel o de maneira que faga o que nos queremos

 E así de fermosas quedarón seguiremos traballando nestes bocetos.


domingo, 13 de xaneiro de 2019

O NADAL NA CLASE DE 3 ANOS

    Co remate do primeiro trimestre, os mais peques do cole decoramos as portadas dos traballos feitos neste trimestre.... estamos moi ilusionados cos nosos primeiros traballos..!!! 
   Tamén co profe Jorge fixemos unha árbore de Nadal que quedou chulísima.....disfrutamos un montón pintando con témpera...!!!...ademáis trouxemos da casa adornos para decorar a ábore da entrada ao cole.

        E ASI REMATOU O PRIMEIRO TRIMESTRE...!!!  ESTAMOS MOI CONTENTOS......PORQUE XOGANDO APRENDEMOS UN MONTON DE COUSAS.... E APRENDEMOS XOGANDO...!!!






sábado, 12 de xaneiro de 2019

TRABALLOS NA AULA

  Xa rematado o primeiro trimestre imos facer un resumo dalgunhas actividades que fixemos : 
  Tivemos o noso primeiro contacto coas letras, traballando primeiro as letras do noso nome.
  Rasgamos papel de xornáis, e despois fixemos composicións libres pegando os papeis noutro soporte.
  Clasificamos obxectos segundo diferentes criterios: cores, formas, moitos, poucos.... ecta..
 Ensartamos figuras e formas... que favorece o desenrolo da motricidade fina..... 















venres, 11 de xaneiro de 2019

FELIZ ANIVERSARIO DANIELA

    A clase de 5 anos rematamos o ano festexando o aniversario de Daniela que xa cumpriu os 5 anos. Parabéns Daniela!!!
    Fixemos a coroa e o agasallo de cumpreanos entre todos e todas

    Sopramos as velas e comimos unha riquísima tarta de chocolate!!!


xoves, 10 de xaneiro de 2019

COMENZAMOS O ANO CO ANIVERSARIO DE ÓSCAR

Parabéns Óscar!!!!
Hoxe Óscar cumpliu 5 anos e celebramolo todos xuntos.
Preparamos coroa e o agasallo buscando letras, pegando, decorando...


Repasamos os 5 anos de Óscar a través das fotos e apreciando o paso do tempo.

E ademais celebramolo coa tarta as velas e unha gran merendola, e cantando todos xuntos o cumpleaños feliz



martes, 8 de xaneiro de 2019

A MOCHILA NA CASA DE AINE E ANTÓN

Este Nadal a Mochila viaxeira estivo na casa de Antón e Aine que desfrutaron dos contos e actividades en familia.

Ahora continua na casa de Naiara....