Aquí estamos, a semana pasada, plantando no caixón que temos no patio unhas poucas fresas que logo comeremos...
venres, 29 de marzo de 2019
PROXECTO A HORTA (III)
Continuamos coas nosas tarefas e desta vez estivemos sacando as pedras e as herbas que xa estaban medrando de novo na nosa horta...
Tamén queremos deixar constancia da colaboración e do traballo dunha das nais do cole "Uxía" que nos está axudando con tódalas dúbidas que temos e que nos puxo os valos nun dos terreos da horta. Aqui tamén vos poñemos fotos reflicto do traballo dos nenos e nenas axudando a cubrir con follas as outras parcelas.
xoves, 28 de marzo de 2019
A HORTA PRIMER CONTACTO
Imos ver cómo xerminan as sementes para isto precisamos
*Sementes que serán lentellas.
*Terra.
*Auga.
* Sol.
* Bolsas transparentes cos nodos nomes.
Poñemos o noso Nome ás bolsas, botámoslle Terra, unhas lentellas e un pouquiño de auga, as colocamos na luz pegando as bolsas más fiestras e así van creciendo.
*Sementes que serán lentellas.
*Terra.
*Auga.
* Sol.
* Bolsas transparentes cos nodos nomes.
Poñemos o noso Nome ás bolsas, botámoslle Terra, unhas lentellas e un pouquiño de auga, as colocamos na luz pegando as bolsas más fiestras e así van creciendo.
PROXECTO A HORTA (II)
En clase tamén estivemos a traballar sobre a horta e empezamos plantando en sementeiros diferentes tipos de plantas e sementes para que xerminen e podelas trasplantar á nosa pequena horta
Plantamos "tagetes" e "geranios" de diferentes cores que adornaran o patio.
Prantamos plantas aromáticas (romero, albahaca, tomillo...) que servirán para os bichos mantéñanse lonxe das nosas verduras e hortalizas...
... E tamén lentellas para observar as diferentes partes dunha pranta
martes, 26 de marzo de 2019
PROXECTO A HORTA (I)
Os nenos e nenas da clase de 5 anos tamén estamos a traballar o "proxecto :a nosa horta" enmarcado dentro do PDI de centro que este curso versa sobre "o noso patio" e aquí vos deixamos algunhas das cousas que estos días estamos a facer e aprender.
Irémosvos poñendo diferentes tarefas que fomos e imos facendo dentro deste novo proxecto que empezamos con moita ilusión e ganas!!!
O primeiro paso foi FRESAR a terra e para iso o concello mandounos dous operarios que prepararon a terra para prantar.
ENCÁNTANOS DISFRAZARNOS!!!!
Acabo de atopar esta foto do entroido e aquí a deixo para que vexades que guapos viñemos e que ben o pasamos!!!
luns, 25 de marzo de 2019
A MOCHILA VIAXEIRA SEGUE O SEU RECORRIDO
A mochila viaxeira acaba de vir da casa de Iker, onde disfrutou ao máximo xunto a seus pais. Os contos preferidos fóron.. Lúa lúa sol"... e "O señor bigote" ... pero tamén disfrutou xogando coa plastilina... coa que fixo "O polo Pepe".. Estaba entusiasmado cando presentou o seu traballo.... sobre todo "O polo Pepe" que non paraba de explicarlles aos seus cmpañeiros.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)








