domingo, 10 de novembro de 2024

Camiñante, non hai camiño, faise camiño ao andar.

 Ola de volta familias!!!

Os peques do cole estamos gozando un montón de tódalas actividades que facemos, vese nas nosas caras, non si?

Ollade:

Traballo nos recantos:

Lectoescritura:

Estamos moi emocionados coa aprendizaxe das letras, comezamos polas do noso nome, tódos os días nas rutinas diarias escribimos o nome do encargado e analizamos os sons das letras, así é como aprendemos! 




Ademais aproveitamos a axuda do profe Óscar para facer un obradoiro de cociña e facer galletas coas nosas iniciais a as dos membros da nosa familia, letras riquísimas por certo!

 




E así de contentos marchamos coas nosas galletas!

Artista:

No recanto do artista traballamos os trazos das liñas verticais, horizontais e círculos concéntricos, temos que estar moi atentos para facelo ben!

Estreamos a zona de pintura vertical e aprendemos a empregar os pinceis colocandoos cada un na súa cor e así non mezclar pintura:

Pintamos libremente coas ceras debuxos de outono:

Ademais co profe Óscar fixemos unhas variñas de outono con follas secas e uns farolillos de vento para decorar o cole:

Lóxica-matemática:

Andamos argallando cos números pouco a pouco, contamos os nenos e nenas que estamos no cole, as letras dos nosos nomes, e todo levantando os puños e contando cos deditos. Temos xogos tamén para asociar cantidades e levamos tamén a cabo un rexistro do tempo atmosférco que nos sirve para facer unha gráfica e contar os días de cada fenómeno atmosférico.



Co profe Óscar traballamos as formas e as cores:



Así clasificamos por cores e facemos seriacións con froitos de outono:


Gabi trouxonos unhas mazorcas de millo, en canto poidamos poñerémonos a debullar!


Ademais facemos puzzles moi diversos que nos permiten centrar a nosa atención e desenvolver o nosa percepción espacial: 

Tamén temos un ratiño para o xogo libre e facemos cousas chulísimas!


Co profe Óscar tamén imos a aula de luz e plantamos castañas, landras e noces:


Nas fins de semana, aparte delevar o conto de préstamo de Arnaldo, levamos a Dino e a Dina, que son as mascotas da nosa clase, gústanos moito levala con nós e compartir momentos en familias con eles!

Esta semana comezamos tamén coa mochila viaxeira, investigamos sobre o seu contido e atopamos un xogo moi molón para compartir en familia!

No cole non todo é traballo, tamén temos tempo para festas!

Samaín:

Traballamos o conto de Cocorico centrándonos no personaxe de Gato Pelado:

Baleiramos unha cabaza que nos trouxo a profe Yesi e tallámola coa imaxe de Gato Pelado ademais decoramos a nosa porta de aula e de entrada con este personaxe:


 

Pero o que máis nos gustou foi remexer na pulpa e escoller as sementes:

 Trouxemos cabazas, disfrazámonos de bruxas, lemos as escuras, desfrutamos de merendas terroríficas:







Celebramos o aniversario da profe Yesi e de Gabi:

 

 

 




Así de ben o pasamos no cole!!!!





xoves, 10 de outubro de 2024

ARRANCAMOS O ÚLTIMO CURSO DE INFANTIL

Chegou setembro e con el comezamos o noso último curso en infantil! Con moitas ganas de reencontrarnos e de seguir aprendendo e desfrutando xuntos, comezamos con moita enerxía. Desfrutamos xogando xuntos, contándonos aventuras do verán, redescubrindo a aula, o patio, cousiñas novas do cole... imos aproveitar a tope este curso!

 

Por suposto non perdemos as ganas de celebrar os días importantes e os aniversarios merecen unha boa festa. Este curso invitamos á familia para coñecernos un pouquiño máis, ver recordos especiais... Roi foi o primeiro en celebrar que xa ten 5 anos, e veo acompañado de papá e mamá cos que desfrutamos moito coñecéndoo un pouquiño máis.
 
 

Ariani, que tamén cumpriu 5 en setembro, foi a segunda en celebralo con nós e cos seus pais cos que pasamos un ratiño moi agradable (e xa planeamos unha excursión a Bali jejeje).
 

Este ano faremos unhas camisetas moi especiais nos aniversarios, e un recordo cargado de arte e de palabras bonitas das que alegran o corazón.