Chegou setembro e con el comezamos o noso último curso en infantil! Con moitas ganas de reencontrarnos e de seguir aprendendo e desfrutando xuntos, comezamos con moita enerxía. Desfrutamos xogando xuntos, contándonos aventuras do verán, redescubrindo a aula, o patio, cousiñas novas do cole... imos aproveitar a tope este curso!
Por suposto non perdemos as ganas de celebrar os días importantes e os aniversarios merecen unha boa festa. Este curso invitamos á familia para coñecernos un pouquiño máis, ver recordos especiais... Roi foi o primeiro en celebrar que xa ten 5 anos, e veo acompañado de papá e mamá cos que desfrutamos moito coñecéndoo un pouquiño máis.
Ariani, que tamén cumpriu 5 en setembro, foi a segunda en celebralo con nós e cos seus pais cos que pasamos un ratiño moi agradable (e xa planeamos unha excursión a Bali jejeje).
Este ano faremos unhas camisetas moi especiais nos aniversarios, e un recordo cargado de arte e de palabras bonitas das que alegran o corazón.
Ningún comentario:
Publicar un comentario