Ola familias!! Os pequech@s de tres anos vimos ao cole con moita ilusión, ganas de traballar e enredar en moitas cousas! Ollade o que nos rinde o tempo no cole:
Na primeira sesión desfrutamos do traballo nos recunchos:
Na segunda sesión reunímonos en asemblea para introducir as actividades das rutinas diarias: descubrimos os sons das letras dos nosos nomes, ordenamos as letras, debuxamos o noso esquema corporal, pasamos lista, saímos fóra para ver o tempo que fai e prestamos moita atención aos sons da contorna....
Co profe Óscar nos desdobles podemos facer moitas cousas:
Aproveitando a chegada do outono saímos a ver as árbores e as cores e formas das follas.
Na clase de arte facemos murais enormes:
Estreamos a clase de cociña aproveitando as mazás da maceira do cole:
Facemos construcións e xogamos na aula de luz:
No patio xogamos cos outros nenos de infantil, e aproveitamos que estamos xuntos para contar contiños e coidar a nosa horta e xardín:
Celebramos os aniversarios:
Coñecemos a Arnaldo, a nosa mascota da biblioteca, que comparte con nós contiños e xogos:
Bueno, e no cole tamén traballamos!!!
E sobre todo... aproveitamos o momento para resarcir as nosas curiosidades...
Ata outra!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario