xoves, 20 de novembro de 2014

SABOREANDO O OUTONO NA CLASE DE 4 ANOS


Na clase de 4 anos, non quedamos satisfeitos probando so as castañas.... porque despois de ver tantos froitos de outono na exposición... queriamos probar mais!!

Así que preparamos unha degustación de froitos carnosos e secos.... uns probamos mais que outros pero disfrutamos moito con novos sabores... vivan as améndoas!!



Despedímonos compartindo unha pequena poesía que aprendemos para o magosto: 

O MAGOSTO EN INFANTIL


A semana pasada celebramos o magosto no cole, e aínda que ameazaba chuvia, tivemos un día xenial para pasar unha xornada divertida.

Puxémonos moi guapos para ocasión... mirade os de tres que outonais!




Despois, coa gran axuda dos papás e mamás, saboreamos unhas deliciosas castañas....
















Despois chegou a hora dos xogos populares... fixemos algúns no ximnasio



E no patio xogamos cos aros e fixemos carreiras coa culler... que mellor que vexades un vídeo resumo... que non é nada fácil!!!

martes, 11 de novembro de 2014

O OUTONO NA CLASE DE 3 ANOS

Na clase de 3 anos fixemos unhas árbores de outono moi bonitas e sinxelas, ao mesmo tempo que reciclamos xornais e traballamos a motricidade fina facendo rasgado de papel












Mirade que bonitas nos quedaron!!

luns, 10 de novembro de 2014

O OUTONO CHEGOU A SEIXO

O outono chegou... con vento, frío, chuvia... pero non por iso imos deixar de facer cousas divertidas e de gozar esta estación.

Estamos preparando no cole a exposición de froitos de outono, e os de infantil quixemos aportar o noso artístico graniño facendo un gran mural de outono para decorar a exposición. 

Todos colaboramos para que quedase moi bonito. Mirade canto traballamos:



E este foi o fermoso resultado:

Feliz outono a todos!

xoves, 6 de novembro de 2014

PROXECTO GRILOS (11)

Aínda que seguimos investigando e aprendendo cousas sobre os grilos, decidimos que chegou o momento de despedirnos de Negrito e de Nadarina.




Por unha banda estamos un pouco tristes porque os botaremos de menos, pero felices de que volvan a vivir en liberdade e que podan reencontrarse coas súas familias.

 


Primeiro despedimos a Negrito... nunca te esqueceremos! Grazas por ensinarnos tantas cousas.




E despois despedímonos de Nadarina á que, aínda que levaba menos tempo con nos, lle collemos moito cariño. Ata sempre Nadarina!



Fixemos unha ficha para non esquecernos del e do seu nome.


Se algún día os atopades... quizá Negrito lle cante feliz unha canción a Nadarina rodeado de pequenos griliños ;)

mércores, 5 de novembro de 2014

O OUTONO NA CLASE DE 5 ANOS

Os nenos e nenas da clase de 5 anos, quixemos saír todos xuntos a pasar un rato divertido neste veroño que nos tocou este ano.... porque non todos os anos podemos xogar coas follas de outono en manga corta!!!








Ademais de pasar un rato divertido xogando coas follas, estivemos vendo os cambios da natureza en outono e recollendo follas para facer cousas na clase....








Aínda que, como podedes ver, a maioría das follas saíron voando... mirade que ben o pasamos coa chuvia de follas!!!



Aproveitamos para desexarvos a todos un feliz outono!!!