Aínda que seguimos investigando e aprendendo cousas sobre os grilos, decidimos que chegou o momento de despedirnos de Negrito e de Nadarina.
Por unha banda estamos un pouco tristes porque os botaremos de menos, pero felices de que volvan a vivir en liberdade e que podan reencontrarse coas súas familias.
Primeiro despedimos a Negrito... nunca te esqueceremos! Grazas por ensinarnos tantas cousas.
E despois despedímonos de Nadarina á que, aínda que levaba menos tempo con nos, lle collemos moito cariño. Ata sempre Nadarina!
Fixemos unha ficha para non esquecernos del e do seu nome.
Se algún día os atopades... quizá Negrito lle cante feliz unha canción a Nadarina rodeado de pequenos griliños ;)
Ningún comentario:
Publicar un comentario