martes, 4 de novembro de 2014

OS PIRATAS DE 3º VISITAN A CLASE DE 4 ANOS

Os nenos e nenas de 3º estan investigando e aprendendo moitas cousas sobre os piratas, e con motivo do día das bibliotecas, visitaron a clase de 4 anos para compartir un conto de piratas: "O PIRATA PATA DE LATA", un conto escrito por Oli e ilustrado por Ramón Trigo


Os nenos e nenas de 3º contáronnos este conto dun pirata soñador que percorre os mares buscando tesouros e inimigos cos que loitar.
Queredes escoitalo?... 


Sentimos que se cortou o final... así quedades intrigados e teredes mais ganas de buscar o libro na biblio do cole para descubrir o final ;) 
Por se non o atopades... podedes lelo aquí...

Esperamos que vos gustase tanto como a nos! Moitas grazas compis!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario