O venres 24, celebramos no cole o día das bibliotecas e fixemos actividades especiais con todo o alumnado do cole.
Xa que este ano o tema central do cole é o mar, centramos as actividades en torno a este tema.
Os de infantil estivemos cos compis de primeiro e segundo, mentres os de terceiro, cuarto, quinto e sexto facían outras actividades simultaneamente.
Comezamos facendo unha actividade artística para decorar o cole con motivos relacionados co mar.
Este foi o resultado do traballo:
|
|
Os peixiños que fixemos os da clase de 3 anos |
Despois subimos á biblioteca (que estaba moi chula, gracias ao equipo da biblio que a ambientou moi mariñeira) a compartir, cos compañeiros e compañeiras de primeiro ciclo: contos, poemas, adiviñas, refráns... todo relacionado có mar.
Os de 5 anos recitamos de memoria unhas adiviñas, e fixemos uns divertidos cadros coas solucións. Fixémolo de maravilla!!
Atrevédesvos a resolver as adiviñas? Pensade un pouco antes de ver as solucións, eh?
Primeira adiviña:
Soy chiquitito,
puedo nadar,
vivo en los ríos
y en alta mar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario