Na clase de 4 anos estamos xuntando moita información sobre os grilos, e queremos telo todo ben organizado para investigar todo e atopar as respostas as dúbidas que temos.
Así que nos puxemos mans a obra... tiñamos que montar o recuncho dos grilos ben bonito para poñer todo o que trouxemos da casa, o que vamos investigando,....
Ademais de pintar as letras, fixemos xogos coas letras que pintamos... que divertido aprender cousas cun pincel na man!!
Xa temos claro o que queremos aprender sobre os grilos...
Aproveitamos un recuncho do corredor para poñer a nosa exposición e que outros compañeiros poidan ver as cousas tan interesantes que iremos poñendo.
Todos os días saímos a ver nova información, fotos, etc...
Estade atentos que temos moitas ganas de contar o que estamos descubrindo!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario