Negrito sigue sendo un mais da clase de 4 anos. Cada día vemos como crece e os seus avances.
O último co que quedamos pasmados foi vendo como fixo a súa tobeira para meterse dentro e durmir. Podedes vela á dereita? É unha pequena cova perfecta!!!
Ademais fai uns días Pedro trouxo unha compañeira para Negrito. Outra vez eliximos o nome por maioría e saíu: Nadarina (Nadarín é un peixe protagonista de un conto que nos gusta moito).
Se vedes na foto, pódese ver claramente o ovopositor de Nadarina... non sabedes o que é? pois preguntádelle aos nenos da clase de 4 anos....
Védela arriba á dereita? coñecendo a casa de Negrito... que está mais contento e activo dende que chegou a súa amiga ;)
Mentres seguimos compartindo descubrimentos e moitas outras cousas.... como un conto que Abel compartiu con todos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario