xoves, 16 de outubro de 2014

PROXECTO GRILOS (6)

Os da clase de 4 anos seguimos investigando e compartindo cos nosos compañeiros todo o que descubrimos sobre os grilos.

Uxía trouxo ao cole un conto dun grilo que nos gustou moito: "O grilo Gastón".




A profe contounos este conto a todos. 
Vos tamén queredes lelo? Aquí vos deixamos unha presentación.


E agora queremos compartir o debuxo que cada un de nos fixo do que mais lle gustou do conto. Mirade que obras de arte...





Encantounos coñecer ao grilo Gastón! Ademais sabemos que as profes teñen mais contos de grilos e insectos... que ganas de lelos todos!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario