O xoves, cando regresamos do patio... tiñamos un visitante na nosa clase... era un bichiño negro e pequeno... collémolo con moito coidado e puxémolo nunha caixiña.
Ao momento comezou o debate: era un saltón?, un grilo?, unha chicharra?.... Había opinións para todos os gustos, pero algún que sabe moito de bichiños dixo que era un grilo.
A profe deixounos falar e dicir todo o que pensamos sobre os grilos... Mirade cantas cousas dixemos:
Decidimos montar un recuncho dos grilos con toda a información que consigamos xuntar para poder aprender moitas cousas sobre eles... e para iso temos os nosos carnés de detectives: queremos descubrir moitas cousas e aprender un montón!!
Estamos entusiasmados e desexando descubrir moitas curiosidades sobre os grilos.
Entre todos escribimos unha nota para pedir axuda as nosas familias
Preparámoslle a casiña para que esté mais cómodo, e, aínda que pronto o soltaremos para que volva coa súa familia, será o noso invitado durante uns días. Tamén lle puxemos comida... Gracias a Pedro que trouxo unha leituga deliciosa!
Estamos entusiasmados co noso visitante, e decidimos poñerlle nome.
Propuxemos varios entre todos: Arco iris, Rayas, Óscar, Liria, Cloe, Ízar, Negrito, Yoel, Flor, Caña, Eriz e Poni.
Fixemos unha votación e, por maioría, saíu: NEGRITO.
Estade atentos porque o noso proxecto dos grilos está en marcha, e aquí vos iremos contando os nosos descubrimentos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario