luns, 20 de outubro de 2014

UNHA RA DE VISITA NA CLASE DE 4 ANOS

A nosa clase de 4 anos debe ser moi cómoda e nos moi simpáticos... porque todos queren vir a visitarnos.
Xa sabedes que fai pouco recibimos un convidado especial que temos acollido na clase... e o venres recibimos outra visita... unha pequena ra que seguro que escoitou á familia de Negrito falar do ben que se vive nesta aula.



Pero tivemos que explicarlle que é moi pequena e que está mellor coa sua familia, porque nos xa temos que coidar de Negrito, así que decidimos soltala para que voltase a súa casa. 





Que sexas moi feliz raniña!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario