martes, 14 de outubro de 2014

PROXECTO OS GRILOS (4)

Na clase de 4 anos seguimos aprendendo un montón de cousas sobre os grilos... xa vos contaremos o resultado da nosa investigación con todo detalle!!

Vimos que teñen seis patas, e que utilizan as dúas traseiras para saltar, así que decidimos converternos en grilos e practicar saltos coma eles. Montamos carreiras de grilos... pasámolo en grande, e a verdade é que: non é tan sinxelo!!! 

O mellor é que o vexades vos mesmos...


E despois de tanto saltar, relaxámonos en clase cunha canción que ten moitos anos e que fala sobre un grilo, é de Rosa León e seguro que moitos papás e mamás a coñecedes. Xa case a sabemos porque é moi pegadiza!!



Como podedes ver... encántanos ter momentos de relax... sobre todo no patio cando o tempo o permite... imaxinando que somos grilos que viven no patio do cole de Seixo...




Non deixedes de seguir a nosa investigación que está resultando moi interesante e divertida!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario