luns, 12 de febreiro de 2018

DIA DA PAZ (4 ANOS)

Os nenos e nenas da clase de 4 anos tamén participaron na elaboración do mural da paz, e realizaron diferentes actividades plásticas e con contos, ao redor do tema da PAZ. 


domingo, 11 de febreiro de 2018

DIA DA PAZ (5 ANOS)

O día 30 de xaneiro celebramos no cole o Día da Paz. Na aula de 5 anos coloreamos corazóns de moitas cores, que levamos para casa. Tamén decoramos a árbore de Nadal con pombas, e na casa fixemos paxaros de tódolos tipos axudados polas nosas familias......quedaron moi chulas..!!!


  

domingo, 4 de febreiro de 2018

FELIZ ANIVERSARIO ELUNEY !!!

No mes de xaneiro xa empezamos a celebrar os últimos aniversarios. ¡¡¡Que maiores somos xa...!!! 
Eluney foi o primeiro en cumprir os 6 anos, e compartiu cos seus compis, unha tarta moi especial. Tamén decorou a súa coroa axudado polos seus amigos.Agora está moi lonxe.
Botámoste de menos...volve pronto..!!!


          
               

XOGOS EN PSCOMOTRICIDADE

        A profe Sandra, estanos dando unhas clases moi divertidas, nas que xogamos con globos pañuelos....ect. Nesta sesión mirade que ben o pasamos cos globos, soplando e suxeitándoos coas diferentes partes do corpo.


xoves, 1 de febreiro de 2018

PARABÉNS NAIARA!

Sempre que celebramos un cumple é un día moi especial e cheo de ilusión. Hoxe Naiara foi a prota, porque xa ten 4 anos. 



A súa coroa quedou preciosa porque tivo axudantas estupendas como Lucía.... que alegría que xa está de volta no cole!!



Tamén se esforzou moito pintando a súa letra e elixindo o que lle quería pegar.



E así de bonitísima lle quedou!!


So faltan 4 letras para completar a parede deste curso: que maiores nos facemos!



Todos acompañamos a Naiara nas súas 4 voltas ao sol: que emoción!



En cada volta vimos fotos de Naiara dende que naceu.



Que alegría, que emoción: Naiara xa deu 4 voltas ao sol!!!



Despois Naiara compartiu máis fotos cos compis, é un momento do moi emocionante e emotivo no que compartimos recordos, e o que máis se escoita é: que monada!!!!



E tamén son momentos divertidos con algunhas fotos que arrancan sorrisos!



Naiara compartiu con todos unha tarta chea de super heroinas que estaba deliciosa!



E por suposto soplou a vela con todos os compis que lle cantamos... mirade que coro!



Sentados todos xuntos cantándolle a Naiara e falando do que facemos nos cumples, os compis quixeron decirlle diferentes mensaxes a Naiara... non perdades detalle!



E como toda festa que se precie ten que rematar cun baile, pero hoxe non podía ser un baile normal. Como xa vos contamos, Lucía está de volta, pero aínda non se atreve a camiñar... e si unha compi non pode bailar de pé: pois todos bailamos sentados! E de paso xogamos: cando paraba a música todos pernas arriba.... pasámolo pipa!

sábado, 27 de xaneiro de 2018

PARABÉNS LAURA!

Laura celebrou o seu 4º cumpleaños e foi un pracer compartir ese día con ela. 


Trouxo un montón de fotos dende que estaba na barriga da súa mamá


e desfrutou moito ensinándollas aos compis.

Deu 4 voltas ao sol e cada ano que pasaba ensinábamos fotos do moito que medraba. 


Alegría compartida cos compis....

....con moito amor!

Tamén decorou a súa coroa coa axuda de algunhas compis. 


E así de bonita lle quedou!


Laura decorou a súa inicial con moito coidado e atención.


A súa L quedou chulísima!

E xa luce no muro das iniciais que pouco a pouco se vai enchendo de cores!


Por suposto levou o cadro de recordo coas pegadas dos compis e da profe, un agasallo moi especial!


Non podía faltar o momento musical onde todos cantamos e rematamos bailando. 

  

E como xa se acerca o entroido sairon unhas felicitacións moi divertidas jejeje

mércores, 24 de xaneiro de 2018

APRENDENDO CO ESQUELETO

Como xa vos contamos, a nosa compi Lucía, da clase de 3 anos, rompeu unha perna (premede AQUÍ se queredes saber máis). 
Xurdiron un montón de dúbidas na clase: como se rompe unha perna?, en que parte se fixo dano Lucía?, poden curala cunha tirita?.... e así un montón de interrogantes.



E non nos gusta quedarnos coas dúbidas sen resolver, así que subimos á biblioteca a investigar e alí recibimos unha visita moi especial: un esqueleto! Vimos todos os ósos do corpo, o duros que son... e localizamos onde está a tibia, que foi o óso que rompeu a nosa compi. Cun pau de madeira vimos o duros que son os ósos pero como poden romper...



...y fixemos un simulacro de como fan os médicos para curar unha fractura, usando un calcetín moooooi duro que se chama escaiola (a algún costoulle crer que as milagrosas tiritas que todo o curan non fosen suficientes jejeje)

Tamén vimos unhas radiografías na mesa de luz, esas fotos especiais coas que os médicos poden ver os ósos aínda que estén dentro do corpo.... pareceunos algo incrible!!



E por suposto, xa que estábamos na biblioteca, aproveitamos para ver libros sobre o corpo humano e o esqueleto, e este chamounos especialmente a atención: Ilumianatomía. O libro leva unhas gafas e segundo a cor coa que mires podes ver unhas cousas ou outras: alucinamos!



Todos quixemos ver os ósos, os músculos, por onde vai o sangue... pero sobre todo localizar a tibia para entender porque a Lucía lle doe a perna e non pode camiñar. 



Pasámolo fenomenal co esqueleto e encantounos poder tocalo e comprobar, tocando o noso propio corpo, que todos esos ósos os temos dentro cada un de nós: o corpo humano é marabilloso!