Como xa vos contamos, a nosa compi Lucía, da clase de 3 anos, rompeu unha perna (premede AQUÍ se queredes saber máis).
Xurdiron un montón de dúbidas na clase: como se rompe unha perna?, en que parte se fixo dano Lucía?, poden curala cunha tirita?.... e así un montón de interrogantes.
E non nos gusta quedarnos coas dúbidas sen resolver, así que subimos á biblioteca a investigar e alí recibimos unha visita moi especial: un esqueleto! Vimos todos os ósos do corpo, o duros que son... e localizamos onde está a tibia, que foi o óso que rompeu a nosa compi. Cun pau de madeira vimos o duros que son os ósos pero como poden romper...
...y fixemos un simulacro de como fan os médicos para curar unha fractura, usando un calcetín moooooi duro que se chama escaiola (a algún costoulle crer que as milagrosas tiritas que todo o curan non fosen suficientes jejeje)
Tamén vimos unhas radiografías na mesa de luz, esas fotos especiais coas que os médicos poden ver os ósos aínda que estén dentro do corpo.... pareceunos algo incrible!!
E por suposto, xa que estábamos na biblioteca, aproveitamos para ver libros sobre o corpo humano e o esqueleto, e este chamounos especialmente a atención: Ilumianatomía. O libro leva unhas gafas e segundo a cor coa que mires podes ver unhas cousas ou outras: alucinamos!
Todos quixemos ver os ósos, os músculos, por onde vai o sangue... pero sobre todo localizar a tibia para entender porque a Lucía lle doe a perna e non pode camiñar.
Pasámolo fenomenal co esqueleto e encantounos poder tocalo e comprobar, tocando o noso propio corpo, que todos esos ósos os temos dentro cada un de nós: o corpo humano é marabilloso!
Ningún comentario:
Publicar un comentario