Na clase dos máis peques xa empezamos a celebrar os aniversarios de 4 anos: que maiores somos!
Óscar compartiu este día tan especial cos nenos e nenas da clase, que lle axudaron a decorar a coroa.
Óscar foi o primeiro en dar 4 voltas ao sol mentres os compis lle cantaban e lle axudaban a contar.
Estamos moi contentos porque todos estamos camiño de 4 anos!!!
En cada volta ao sol vimos fotos de Óscar dende que naceu, e despois seguiron vendo as fotos... é algo moi emocionante ensinarlle aos compis como medramos!
Por suposto seguimos decorando a nosa parede das iniciais e Óscar fixo a primeira de 2018. Tiña moi claro que quería pegarlle algunhas cousas da caixa do outono...
Despois de elixir e pegar todo o que quixo este foi o resultado!
Tivemos unha merenda especial con zume e gusanitos que Óscar trouxo para compartir: somos uns lambóns!
E por suposto soplamos a vela co noso compi que xa ten 4 anos!
E cantamos en galego, inglés e castelán.... mirade con que enerxía!
Despois repartimos uns globos que nos regalou Óscar, e decidimos xogar cos que sobraban... e xogando, xogando: acabamos bailando!
Encántanos compartir este día tan especial todos xuntos e levarnos recordos dos compis!
Ningún comentario:
Publicar un comentario