En canto asoma o sol aproveitamos todo o que podemos o noso marabilloso patio. O outro día saímos a xogar co paracaídas e pasámolo pipa!
luns, 26 de marzo de 2018
venres, 23 de marzo de 2018
UN DÍA NA BIBLIOTECA
No mes pasado tivemos a visita dos nenos e nenas da guardería "A galiña azul", e os de 5 anos, como somos os maiores, tiñamos que leerlles un conto, fomos a "biblio" e collimos os máis axeitados, depaso estivemos vendo xornais, revistas e cómics que alí había. Pasámolo moi ben con todo este material......nos pensábamos que na biblioteca sólo había libros e contos....e hai de todo, hasta música, "pelis", xogos....etc.
martes, 20 de marzo de 2018
DÍA DA POESÍA
Hoxe celebramos o día da poesía e para celebralo subimos á biblioteca a escoitar poesías con todos os compañeiros do cole e de paso quitámonos unha foto co noso amigo Arnaldo.
APRENDEMOS XOGANDO!!!
Aquí déixovos algunhas das cousas tan divertidas que facemos en clase e a través das cales aprendemos moitas cousas. Que divertido é aprender xogando!!!
luns, 19 de marzo de 2018
IOGA EN PSICOMOTRICIDADE
A mellor idade para iniciarse na práctica do ioga, e a partir dos catro anos. A práctica do ioga, favorece a relaxación, concentración, e a creatividade. Nunha das clases da profe Sandra, estivemos practicando esta actividade lúdica.
Nunca habíamos feito este tipo de actividade, foi moi divertido, e pasámolo moi ben...Grazas profe Sandra por ensinarnos tantas cousas.
venres, 16 de marzo de 2018
XOGANDO COAS LETRAS
Na clase de 5 anos, gústanos moito xogar coas letras: letras puzle, imantadas, grandes, pequenas, maiúsculas e minúsculas...ect. Como identificamos todas as letras xa podemos formar sílabas e palabras. Pasámolo moi ben....!!! porque estamos aprendendo a ler xogando.
FELIZ ANIVERSARIO PEDRO
Pedro xa ten os 5 anos!!! E para celebralo regalóunos unhas riquísimas galletas!!!
Moitas grazas Pedro e moitos parabéns!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)











