luns, 3 de decembro de 2018

PROXECTO MIRÓ (X)

    A semana pasada traballamos sobre os "altipratos de Miró" , vimos como eran e realizamos os nosos propios antipratos con pratos de papel.
 Primeiro picamos un círculo do medio do prato





    Debuxamos os símbolos que os adornan baseándomos nun antiprato e en diferentes símbolos usados por Miró nas súas obras

 Os coloreamos e estes foron os resultados!!

PROXECTO MIRÓ (IX)

    Continuamos co noso proxecto e coa axuda da teacher Fátima que esta vez traballou con eles, e en inglés, as partes da cara baseándose nas obras de Miró.





sábado, 1 de decembro de 2018

FELIZ ANIVERSARIO HUGO!!!

       O máis peque do cole xa cumpriu os tres anos. Éste é o último aniversario deste trimestre. Para celebrálo decorou a súa coroa, axudado polos seus compis, e despois soprou a vela dos tres anos, nun biscoito riquísimo......¡¡NON SOBROU NADA !! 
     ¡¡ PARABENS HUGO!! ...todos esperamos que tiveras un día moi feliz..... 





EXPERIMENTAMOS COA TÉMPERA

         A témpera e un recurso que estimula a capacidade e a creatividade dos nenos, e desenrola a psicomotricidade fina.
    Aquí estamos pintando dun xeito colaborativo, coas tres cores primarias : vermello, amarelo, e azul.
   ¡¡ MIRADE COMO EXPERIMENTAMOS E DESFRUTAMOS COAS MANS E CO PINCEL...!!








venres, 30 de novembro de 2018

PROXECTO MIRÓ (VIII)

    Esta vez tocoulle o turno a Daniela que nos contou cousas interesantes sobre o noso artista Miró"

Despois traballamos a obra "Amanecer" e fixemos moitas cosas:
Pintamos con acuarelas



Fixámonos no cadro e pintamos o que faltaba

Fixemos boliñas de papel e as pegamos

E rematamos facendo un collage co papel de seda vermello


E así de bonitos quedaron as nosas obras de arte

luns, 26 de novembro de 2018

FELIZ ANIVERSARIO SARA!!!

    Sara xa ten os 5 anos e celebrámolo con ela na clase vendo fotos moi divertidas que trouxo da casa destes 5 anos. Tamén fixemos o seu agasallo no que participamos todos e a sua coroa.

 

COMENZAMOS CÓ ABN

Neste curso comenzamos a traballar co método ABN, traballando o número de maneira manipulativa neste caso asociando número e a súa grafía a cantidade

Xogamos co dado e o lego, o lanzar o dado saen un número expresado en forma de puntos cunha colocación determinada, descubrimos que número é e vamos collendo as pezas de lego que precisamos ata creara unha gran torre. aprendemos matemáticas, construímos e nos divertimos ata que non podemos chegar máis arriba
Pescamos animais de diferentes cores e que ben o pasamos o facelo cunha lata, contamos cantos conseguimos e asociamos a cantidade o número.

Estas son algunhas das actividades que realizamos baseadas no método ABN que ademais de aproximarnos dunha forma lúdica a lóxica matemática e o cálculo, son amenas e gústannos.