Na nosa investigación sobre as baleas, descubrimos que a mais grande de todas: a balea azul, pode chegar a medir 30 metros. A verdade é que non nos dábamos conta de canto son eses metros, así que buscamos a medida de algunhas cousas que si que coñecemos e descubrimos que mide como un montón de autobuses seguidos.
Pero queríamos ver como sería unha, así que saímos ao patio cunhas cintas métricas para ver canto son 30 metros.
A pista ao ancho non chegaría para meter unha balea azul, así que a medimos ao longo.
Intentamos debuxar unha, pero non era nada fácil facer un debuxo tan grande.
Por suposto non podían faltar as barbas e o espiráculo!!
Despedimos este día cunha pregunta que lle fixemos á profe: na nosa clase cabería algunha balea?
Pois temos que comprobalo, porque hai moitos tipos de baleas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario