mércores, 15 de abril de 2015

XOGA CON PEPPA

Os nenos e nenas da clase de 3 anos estivemos xogando na pizarra dixital con Peppa e a súa familia. Pasámolo moi ben, pero aínda nos quedaron moitos xogos sen facer, por iso poñemos aquí o enlace para poder seguir xogando na casa.
Premede na imaxe e iredes directos ao xogo.



Aproveitamos para deixarvos ás familias un enlace con algunhas recomendacións de series para ver cos peques, recordando que non debemos abusar da tele ;) Nese enlace copiamos a reseña sobre Peppa.



Peppa Pig é unha serie de animación que narra a vida de Peppa e a súa familia. Peppa é unha porquiña duns cinco anos, cun carácter un pouco impulsivo. Ás veces pódese enfadar con facilidade pero sempre termina entrando en razón grazas aos consellos dos seus pais.
Todos os personaxes son seres zoomorfos: animais humanizados que realizan as mesmas accións que faría calquera persoa (vestirse, ir traballar, ir de vacacións, etc), aínda que conservando o seu gusto polos charcos de barro. Normalmente, recórrese a este tipo de personaxes para fuxir de certos estereotipos sociais, aínda que quizá este non sería o caso pois cada un cumpre co seu papel de pai, nai, fillos ou irmáns.
O pai de Peppa é un cerdito moi grande, cunha tripa imponente, é moi alegre aínda que ás veces algo despistado, traballa como arquitecto. A nai é unha cerdita moi intelixente e comprensiva, ten moi boa man para educar aos seus fillos. Ela traballa desde casa co ordenador, aínda que na serie non se define moi ben que tipo de traballo fai, ten a dobre tarefa de traballar e coidar dos seus fillos mentres o pai non está. Aínda que non goza duns criterios moi elevados desde o punto de vista técnico e estético, niso reside o seu encanto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario