Xa comezamos a estudar a choiva e o primeiro que investigamos foi sobre a auga. Para elo a profe ensinounos como é a auga, que cor ten, a que sabe e como ole.
Fixemos un experimento super interesante que consistiu en meter na neveira do cole un vaso de auga e no conxelador unha cubitera chea de auga e de auga tintada de cor rosa e morada para ver o que acontecía. Tamén calentamos moito un vaso de auga no microondas ata que empezou a facer burbullas e ao sacalo vimos como del saía fume!!! a profe díxonos que iso era vapor da auga e fixámonos que ese vapor ía cara arriba.... e que iso pasaba nos mares e ríos e que ese vapor era o que formaba as nubes, ¡¡¡¡ cantas cousas aprendimos¡¡¡¡
Para todo isto tamén nos axudaron Sofía, que nos contou un conto titulado "La gotita Plim, Plim", Alberto que investigou moito e trouxo moita información sobre os estados da auga e Manuela que fixo un vídeo explicando todo este proceso da auga, de pasar de líquida a gaseosa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario