As nenas e nenos de 5 anos fixemos unha actividade moi chula polo Nadal, que seguro que vos encanta!
Para comezar, a profe deunos uns códigos moi raros... non entendíamos nada! Tivemos que recortalos xunto cun montón de palabras que tamén repasamos e escribimos.
Despois chegou o momento de ver, cos iPads, que escondía cada código, gracias a unha aplicación de realidade aumentada: Chritsmas AR... e resulta que eran adornos de Nadal!
Despois de ver todos os códigos, tivemos que ler todas as etiquetas e emparellalos. Como toda a actividade, fixémolo repartidos en 3 equipos: verde, azul e vermello.
Cada equipo montamos un cartel cos nosos códigos e os nomes do que cada un agochaba.
Cando xa coñecíamos o que escondían os adornos máxicos de nadal, fixemos entre todos unha árbore para colocalos.
Así de chula nos quedou cos adornos xa colocados. Invitamos ás familias a descargar a aplicación para poder ver estes adornos máxicos o día do festival de Nadal.
Aquí vos ensinamos o que se podía ver e o que agochaban estos divertidos códigos!
Era como máxico aparecer ao lado destes bonecos!!
Encantounos decorar esta árbore tan especial!
Ningún comentario:
Publicar un comentario